Novas

30-11-2018

Potenciais importadoras de Asia e América participan nunha misión comercial inversa

Durante os últimos días, mantivéronse xuntazas bilaterais de negocio con empresas socias do Cluster co obxectivo de detectar oportunidades de negocio e estreitar lazos comerciais


Cinco empresas de Cuba, Xapón e México, punteiras no sector das telecomunicacións, dos medios audiovisuais, do comercio minorista e dos medios de transporte, mantiveron durante os últimos días diversos encontros de negocio con empresas galegas, no marco dunha misión comercial inversa organizada polo Cluster TIC.
 
A acción ten como obxectivo estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización dos produtos e servizos das entidades socias do Cluster TIC, reforzando así os distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos.  

Concretamente, na misión comercial participaron o director da televisión xaponesa TV Setouchi, Hirokazu  Shimauchi, que emite nos territorios de Okayama e Kagawa y é a única estación da rede TX presente na rexión de Chugoku-Shokoku; Axel Medero, vicedirector xeral de Radio Cuba, empresa pertencente ao Ministerio de Comunicaciones e que actúa como punto de activación e provedor nacional e internacional de comunicacións móbiles por satélite, ademais de ofrecer accións de proxección, mantemento, instalación e operación de sistemas de radiocomunicacións e  comercialización de equipos propios da súa actividade; Cristian Serrano, eCommerce Mexico Manager de Under Armour, marca de “retail” deportiva con 22 anos de vida e que conta con presenza en Estados Unidos, Latinoamerica, Asia-Pacifico e Oriente Medio-África-Europa; César Medina, director de MKT LATAM, en representación da empresa de orixe xaponés MINISO, destacada por  revolucionar o “fast fashion” a nivel mundial e que dende as súas sedes mexicanas ofrece unha gran diversidade de produtos para o fogar, beleza, moda, deportes, tecnoloxía, xoiería, regalos e artigos de tempada que promoven o consumo intelixente en distintos rangos de idades; e Sabrina Patiño,  xerente de operacións de Viva Aerobús, perteneciente ao grupo de transporte terrestre IAMSA,  o mais grande de México e que opera máis de 28 empresas, entre elas Ómnibus de México, ETN, Primera Plus, ou TAP. Concretamente, Viva Aerobús é a aeroliña co custe máis baixo, coa flota de avións máis moderna en latinoamerica e unha das que maior crecemento no mundo presenta.  

Entre os días 27 e 29 de novembro mantiveron reunións de negocio individuais e visitas ás sedes de Egatel, Redegal, Cinfo, Inditex, R, Trison Headquarters, CITIC, Tecnópole e TVG para coñecer de primeira man o seu potencial innovador e os seus procesos de produción e comercialización con el fin de estreitar lazos comerciais e detectar oportunidades de negocio.  

A acción conta coa colaboración do IGAPE e enmárcase na aposta do Clúster TIC Galicia pola captación de prescriptores no sector internacional e pola comercialización a nivel mundial dos produtos innovadores dixitais que se están a desenvolver na comunidade.