Novas

11-02-2019

Alén Space, Queres Tecnologías, Roi Scroll, Developers Foresic Tools, Redegal, Amtega e R gañadoras dos Premios TIC Galicia

Os galardóns entregáronse hoxe na Coruña, nunha gala enmarcada na Lacon9th

Start-up

Na categoría Start-up a firma gañadora foi Alén Space, como proveedor de negocios baseados en nanosatélites. O seu obxecivo é reducir as barreiras de acceso ao espacio, poñendo as ideas de negocio dos seus clientes en órbita do modo máis rápido, fiable e barato posible. Con máis de dez anos de experiencia desenvolvendo, fabricando e operando nanosatélites 100% exitosos, con hardware e software propio e unha metodoloxía adaptada aos estándares de calidad da Axencia Espacial Europea, veñen de lanzar dende o cosmódromo de Vostochny en Rusia o satélite Fuego-1 para a Universidade de Vigo co obxectivo de loitar contra os incendios. Recolleu o premio Antón Vázquez, cofundador. Os outros dous finalistas nesta categoría foron Aerocámaras, operadora número un de drons en España; e Muutech, startup especializada en solucións de monitorización empresarial e industrial.

Software Libre

Na categoría Software Libre, a gañadora foi a firma Queres Tecnologías polo proxecto "Xedoc". Trátase dunha plataforma de custodia electrónica de docmentos que ofrece interfaces de interoperabilidade específica para entornos clínicos baseados en estándares sanitarios. A maiores emprega un repositorio documental de código fonte aberto. A través de "Xedoc" pónse á disposición dos profesionais sanitarios a documentación clínica dos pacientes, mellorando así a atención ao cidadán. O último fito desta plataforma foi permitir a conexión dos pacientes coa súa historia clínica a través da integración do portal E-Saúde. Actualmente xestiona e almacena información clínica de máis de dous millóns de cidadáns, o que supón máis de medio millón de transaccións ao día, máis de 5.000 documentos novos diarios e o acceso de arredor de 20.000 profesionais sanitarios á información. Recolleu o premio Víctor Fariña, CEO de Queres Tecnologías. 

Os outros dous finalistas nesta categoría foron Strelia Electrotecnia e Hércules, polo proxecto "Boia Bares-Monitorizado oceanográfico de ondas, direccional e de alta precisión"; e a  firma Alia Technologies por "EnAlia".

Marketing Dixital

Na categoría de Marketing Dixital a empresa gañadora foi Roi Scroll, que se fixo co galardón pola campaña de verán 2018 para Pescanova, baixo o título "Desenvídiate". Esta acción buscaba levar a "desenvidia" a todos os fogares españois e modificar o posicionamento de Pescanova en canto ao "target" e á estacionalidade dos seus produtos. Lograron más de 6.700.000 impresións en redes sociais e 3.721.914 persoas impactadas. No concurso fotográfico asociado os usuarios subiron á rede máis de 2.700 imaxes desenvidiándose. Ademais, a web específica da campaña logrou máis de 230.000 visitas. Javier Barreira, CEO de Roi Scroll, acudiu a recoller o galardón.  

Os outros dous finalistas nesta categoría foron R, pola súa acción "Demogorgons para moitos días"; e Atlántica Comunicación pola súa campaña para Lenda Pet Food.

Innovación

Na categoría de Innovación (I+D+i) a entidade gañadora foi Developers Forensic Tools polo proxecto "Direct Dump". Esta ferramenta monitoriza sistemas de forma transparente, alertando de intrusións e permite tomar contramedidas no caso de ataques. A maiores, fai un informe forense con validez dixital para ciberseguros. Trátase dun produto hardware e software que permite un acceso fácil e eficiente a datos volátiles e non volátiles de múltiples dispositivos e plataformas. Direct Dump posibilita a extracción destes datos, respectando sempre a súa integridade, con independencia de que os equipos estén bloqueados e sen necesidade de apagalos.  O premio foi recollido por Pilar Vila, CEO e cofundadora.

Os outros dous finalistas na categoría de Innovación foron Bahía Software, co proxecto "DIAPA";  e Agrupación Galicia, por "Mruta".

Evanxelizador

O premio evanxelizador recoñece ás persoas (físicas) que se implican, constantemente de maneira especial e con esforzo, axudando a tomar conciencia sobre que en Galicia existe un gran sector que xira entorno a moi boas ideas con a innovación como base; ademais de organizar con excelencia algún dos eventos mensuais (LaconNetwork) que se desenvolven ao longo de todo o ano en Galicia. O  galardón recaeu, nesta edición, en Miguel Varela, CEO de Teimas Desenvolvemento.

Pola súa banda,  foron finalistas nesta categoría Gonzalo Garre, CMO en Livetopic; e Juan Pedro Granados; CEO, CDO e CMO en stati.co

Internacionalización

Na categoría de Internacionalización o gañador da edición foi Redegal, quen arrancou a súa internacionalización no mercado latinoamericano tras unha serie de estudios que amosaron as oportunidades de LATAM e, concretamente, México. Inaugurou a súa primeira oficina neste país en 2014 e, a día de hoxe, contan con grandes marcas na súa carteira de clientes e un equipo de máis de 15 profesionais en diversas áreas. Isto supuxo unha serie de recoñecementos en 2018 como o indicador Ardán á Empresa Global por presentar valores elevados en magnitudes directamente relacionadas co proceso de internacionalización, tales como clientes estranxeiros, número de países aos que exporta, volumen de exportacións fóra da UE, establecementos no exterior e persoal adicado a tarefas de internacionalización.  Recolleu o galardón Javier Castiñeiras, director de marketing da compañía.

A maiores das 6 categorías anteriores nas que houbo finalistas, concedéronse tres mencións especiais, seleccionadas por un comité de especialistas do sector TIC específicamente designado polos organizadores.

Mención especial- Empresa Tractora

Dedicado a aquelas empresas que apostan e confían nas startups galegas, contratando os seus servizos e/ou produtos e ofrecendo unha oportunidade firme de negocio. A empresa tractora escollida nesta edición foi R polo seu programa de aceleración "Startup R DiCo Challenge"- Esta iniciativa, participada por AMTEGA, prentende rentabilizar a medio prazo as solucións que xurdan da operadora e axudarlles a encontrar unha salida áxil e eficaz no mercado, incluíndo a R como potencial primeiro cliente. A aposta de R consiste en abrirse ao ecosistema de emprendedores, empresas e outras entidades da contorna dos contidos dixitais para colaborar con eles no desenvolvemento de proxectos innovadores que podan, por un lado, solucionar os retos de innovación da compañía e, por outro, enriquecer o tecido empresarial galego dos contdios dixitais. Recolleou o premio Alfredo Ramos, director xeral de R.

Mellor Iniciativa TIC

Este premio, adicado a organismos, organizacións, asociacións, fundacións e institucións que axudan á creación, lanzamento e asentamento de empresas e emprendedores TIC recaeu na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) polo seu Plan de Acción para o impulso dos contidos dixitais en Galicia "DICO MINDSET". Este ten como obxectivo impulsar a modernización e innovación tecnolóxica do sector dos contidos dixitais e dinamizar a xeración e posta en marcha de proxectos para a transformación dos sectores productivos de Galicia aproveitando as oportunidades que brindan as novas tecnoloxías. Valorouse especialmente a actuación en colaboración coa Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo. Buscouse así fomentar a creación de contidos dixitais orientados a un mercado global que e tamén o desenvolvemento de novas tecnoloxías no sector dos contidos dixitais.

Mención Especial - Traxectoria

Recoñece ás persoas físicas que se implican, constantemente de maneira especial e con esforzo nas TICs galegas.  Este galardón recaeu en 2019 en Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial e coordinadora do grupo de investigación LIDIA. Esta enxeñeira é un referente no campo da intelixencia artificial. Foi bolseira na primeira edición internacional do programa L'Oréal-UNESCO For Women in Science en 1998, sendo a primeira participante española nos 17 anos deste programa. A súa tesina enfócase na informática biomédica, estudando a aplicación de técnicas informática en campos relacionados directamente coa monitorización antenatal. Alonso Betanzos centrou a súa tese nas aplicacións en Intelixencia Artificial, que continuou na súa Postdoctoral Fellowship en Estados Unidos.

Trátase dunha loitadora contra a brecha de xénero no sector TIC, é un referente para a mocidade feminina e un exemplo de como a tecnoloxía pode estar ao servicio da sociedade e dos problemas sociais.