Novas

05-04-2019

O Clúster TIC convoca o 1º Enredatic, evento de networking específico para asociados

A xornada terá lugar o día 24 de abril na Finca Tres Pinos en Santiago de Compostela. A inscrición, ata o día 17 de abril, é gratuita ata completar aforo.

O Clúster TIC convoca a primeira edición da xornada de networking Enredatic. Esta ten como obxetivo favorecer un ambiente distendido no que os socios podan reunirse de forma amigable para coñecer a potenciais colaboradores e fomentar a conversación de forma natural. Enredatic contará, tamén con unha serie de relatorios que se integran nun evento de curta duración pero alta intensidade.

A estrutura de Enredatic favorece a rotación entre convidados, aos que se lles asignará unha serie de tarefas de networking trala recepción e acreditación. O evento contará con relatores de renome no sector TIC galego que falarán sobre as especificidades do sector, as súas posibilidades e os retos aos que se enfrontan os especialistas TIC da nosa comunidade.

Programa

09:00: Recepción e acreditacións
09:15: Almorzo de negocio e presentación dos asistentes.
10:30: Inauguración oficial e intervención de Amparo Alonso Betanzos, Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial e coordinadora do grupo de investigación LIDIA da facultade de informática da Universidade da Coruña, co tema Retos da Intelixencia Artificial.
11:35: Rotacións B2B. Contaremos con espazos B2B dedicados a rotar con outros participantes da xornada. Intercalaranse as actividades de networking en distintos momentos do evento para facelo máis ameno e divertido.
13:15: Despedida de negocios e refrixerio para continuar a debatir sobre o tema iniciado no relatorio previo.

Descargar programa completo

A quen vai dirixido Enredatic?

Este evento está organizado e pensado para que os membros do Clúster TICinteractúen e aumenten a súas posibilidades de establecer sinerxías nunhaxornada dedicada ao networking. Na xornada facilitarase o encontro entre distintos especialistas do sector TIC cos que poder establecer novas relacións empresariais e reforzar as xa existentes. A filosofía de Enredatic basease na idea de convertir os esforzaos de networking nunha actividade distendida, agradable e que xere relacións persoais a longo prazo.

Formulario de inscrición (O prazo de inscrición remata o 17 de abril)