Novas

28-06-2013

O Clúster e Gradiant organizan unha xornada de transferencia sobre sistemas intelixentes de análise de vídeo

O próximo 24 de xullo, no CITEXVI en Vigo, terá lugar a xornada de transferencia  Sistemas Intelixentes de Análise de Vídeo: aplicacións e oportunidades de negocio, organizado polo Clúster TIC Galicia e Gradiant. O horario será de 10:30 a 14 horas.

Ao longo desta xornada, Gradiant revisará o estado actual das tecnoloxías de visión por computador e análise de vídeo intelixente, facendo fincapé na súa aplicabilidade en casos reais de interese para empresas TIC e doutros sectores. Durante a xornada farase demostración in situ das capacidades de Gradiant neste ámbito, e identificaranse as tendencias futuras e oportunidades de negocio.

O Clúster está a traballar en novas xornadas de transferencia, estando prevista para o mes de setembro unha xornada sobre Intelixencia Artificial no CITIC.

Máis info