Novas

14-01-2014

CONVENIOS

SABADELLGALLEGO

Convenio asinado o 29 de febreiro de 2016
O obxecto deste acordo é poñer a disposición das empresas e emprendedores membros do Clúster TIC produtos e servizos co obxectivo de facilitarlles o acceso ás novas tecnoloxías, á financiación de circulante en calquera das modalidades, así como a financiación a medio-prazo de novas inversións en activos fixos mediante préstamos e leasing.
SabadellGallego ofrece aos emprendedores membros do Clúster TIC o programa BStartup para facilitar financiación e acompañamento ás xoves empresas. O programa ofrece produtos e servizos financeiros que ofrezan cobertura ás necesidades específicas dos emprendedores; asesoramento financeiro para os emprendedores; realizaranse sesións formativas específicas sobre temas financeiros que estean dentro do ámbito dos emprendedores.

CPEIG - Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Convenio asinado o 15 de abril de 2015
No marco deste convenio desenvolveranse actividades de carácter formativo, divulgativo, de estudo e análise en materias das competencias tanto do Clúster TIC coma do CPEIG, todas elas a prol do hipersector TIC galego.
Con este acordo procúrase, ademais, a busca de solucións ás necesidades detectadas en recursos humanos nas empresa TIC galegas.
Traballarase para difundir as mellores prácticas en políticas de desenvolvemento do sector TIC, formulando novos proxectos innovadores e atraendo estudantes ás nosas especializacións profesionais. Un xeito de descubrir o novo talento e que este sexa impulso para que as empresas compitan no mercado internacional.

AGASOL

Convenio asinado o 16 de decembro de 2014
Recóllese a incorporación de Agasol e das empresas socias ao Clúster TIC Galicia, así como o ámbito de cooperación e as actividades a realizar para potenciar e mellorar o hipersector TIC Galego.
Entre as tarefas destacan:

  • Designación do Portavoz Software Libre
  • Creación dun Grupo de Traballo de Software Libre
  • Incorporación de Agasol ás reunións de traballo da Oficina Integrada do Clúster TIC
  • Xerar actividades relacionadas co Software Libre

ESCOLA DE NEGOCIOS NOVACAIXAGALICIA

Convenio asinado o 02 de outubro de 2013
Convenio de colaboración asinado en base á complementariedade dos fins perseguidos por ambas partes, para lograr a optimización nas actuacións e resultados. 
A colaboración rexirase polas seguintes pautas:
Materias formativas que potencien a formación dos profesionais das empresas socias do Clúster TIC Galicia con condicións económicas especiais consistentes nun desconto do 10 % sobre o prezo habitual, tanto para programas xerais ofertados pola Escola de Negocios, como en formación a medida.

COINTEGA

Convenio asinado o 23 de xullo de 2013
Convenio marco de colaboración entre COINTEGA Clúster Galego Textil e Moda e Clúster TIC Galicia. 
Establécese unha colaboración en campos formativos, científicos e técnicos de interese común, incluíndo a participación en proxectos conxuntos. Esta colaboración mutua pode mellorar as actividades de ambas entidades e optimizar os seus recursos.
As áreas de colaboración e as actuacións previstas son:
• Desenvolvemento de iniciativas a favor da investigación e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía do sector TIC ó sector textil.
• Cooperación en actividades formativas, seminarios, conferencias,…
• Identificación de oportunidades de participación conxunta en proxectos de I+D+i.

LAUNCHLAB

Convenio asinado o 26 de xullo de 2013
Convenio que establece un marco de colaboración entre ambas entidades entorno ao coñecemento, apoio e posta en marcha de proxectos innovadores. 
A colaboración potenciará o coñecemento de proxectos de base tecnolóxica, apoiando o seu lanzamento ao ámbito empresarial.

ZARPAMOS Aceleradora de Empresas TIC S.L.

Convenio asinado o 10 de xaneiro de 2013
Este convenio de colaboración ten por obxeto a realización de accións comúns e a participación como colaborador nos eventos organizados por ambas entidades.
Tamén é obxecto deste convenio a organización conxunta de conferencias, seminarios e outros programas formativos de interese para ambas partes.

CLAG – Clúster Audiovisual Galego

Convenio asinado o 31 de maio de 2012
Neste marco de colaboración ademáis de promocionar proxectos conxuntos permitirá establecer unha canle de comunicación entre ambas entidades coa finalidade de mellorar as actividades e iniciativas a favor da investigación e a transferencia de coñecemento entre os sectores TIC e audiovisual. Así como a identificación de oportunidades de participación conxunta en proxectos de I+D+i.