Novas

06-02-2015

Iberian Games lanza "AESTHAR", novo videoxogo para dispositivos móbiles

Aesthar, é a ópera prima do estudo asturiano Nuberu Games, composto por catro xóvenes profesionais do desenvolvemento. Coa importante presenza da música orixinal de Vicent Tobar e Tartalo Music, o xogo encádrase na tipoloxía Runner, aínda que emprega mecánicas innovadoras para aumentar a diversión do xogador, dándolle profundidade e evitando as xogabilidades infinitas dos runners clásicos. Ao ser estructurado en niveis, cuxa curva de dificultade foi desenvolta de xeito adecuado, o xogador poderá experimentar as crecentes adversidades que Kara vivirá nos distintos territorios de Aesthar. A combinación de gráficos realistas xunto con cartoon apórtanlle ao xogo un aspecto único nas plataformas mobile.

O xogo tivo unha grande acollida polos gamers e bloggers nas súas exhibicións previas ao lanzamento, tanto en Madrid Games Week de 2014 como no último Fun&Seriuos Games Festival de Bilbao. O videoxogo publícase en dúas versións, Lite e Pro. A primeira, totalmente gratuíta e sen mercas in-app, incorpora publicidade. Para aqueles xogadores que non desexen o visionado da publicidade poden acceder á versión Pro.
Plataforma: Mobile
Sistemas operativos: iOS, Android y Windows Phone