Novas

23-02-2015

3.14 Financial Contents busca 2 enxeñeiros/as técnicos



3.14 FINANCIAL CONTENTS, máis coñecida como 3.14, é unha empresa de consultoría tecnolóxica e de desenvolvemento de software.

Contamos con equipos de traballo fortemente especializados e acostumados a aportar solucións con calidade e eficiencia.

Participamos en programas de investigación e desenvolvemento o que nos permite ofrecer produtos de vangarda.

Necesitamos aumentar o noso equipo de traballo para o que buscamos:

Enxeñeiro/a informático ou programador con elevados coñecementos.
Integrarase nun equipo de desenvolvemento con proxectos internacionais e unha clara orientación cara a innovación.
Desenvolverá en sistemas de código aberto, especialmente en Python e Django.

Número de vacantes: 2

Estudos mínimos:  Enxeñeiro Técnico

Experiencia mínima: Non Requerida

Requisitos mínimos Imprescindibles: Coñecementos de programación a nivel avanzado

Valorarase coñecementos en:

  • Linguaxes de programación: Python, Django, Javscript, Node.js

  • Bases de datos: Redis, PostgreSQL, MySQL

  • Tecnoloxías de integración: API-REST, XML, JSON

  • Machine Learning, NLP, Tecnoloxías Semánticas, Indización
  • Entornos de programación Linux, Unix

Envíanos o teu currículo