Novas

07-05-2015

O hospital máis avanzado do Reino Unido incorpora tecnoloxía da empresa socia Plexus

O pasado 4 de maio tiveron lugar as primeiras consultas no novo Hospital Universitario do Sur de Glasgow, un dos complexos hospitalarios máis grandes e modernos de Europa, que incorpora tecnoloxía TIC desenvolvida en Galicia pola empresa PLEXUS. 

O equipamento tecnolóxico do novo complexo representou unha  inversión global de 842 millóns de libras para automatizar ao máximo todos os servizos e cuidados ao paciente. Como parte deses servizos, os responsables do centro decidironse polo sistema de xestión de cita e circulación de pacientes da tecnolóxica galega PLEXUS, aoigual que fixeron anteriormente outros hospitais do Reino Unido –Queen Alexandra, Southerm General e Yorkhill Children- con gran aceptación por parte dos usuarios do NHS (National Health Service).

BBC reseñou recentemente, con motivo da inauguración do novo hospital, a dispoñibilidade do sistema de autochek-in e cita previa desenvolvidos por PLEXUS.

PLEXUS conseguíu este proxecto a través dunha licitación pública de homologación do Servizo Nacional de Saúde de Escocia. Antonio Agrasar, conselleiro delegado da compañía, destaca que o servizo de saúde público escocés valorou “moi positivamente o alto grado de implantación da solución Quenda Medic en hospitais de referencia en España, as súas funcionalidades, a capacidade de integración e a experiencia previa da compañía en Portsmouth”.

Sobre QuendaMedic
QuendaMedic xestiona, administra, racionaliza, orienta citas e turnos e reduce o tempo de espera en ámbitos sanitarios, ao facilitar automáticamente servizos como información, recepción, asignación de turnos, obtención de citas ou circulación de usuarios.

É unha solución multimedia desenvolvida en exclusiva por PLEXUS que foi deseñada en colaboración cos profesionais da Sanidade e desde a experiencia dos grandes hospitais e centros de salúde.

O sistema desenvolvido por PLEXUS incorpora funcionalidades como a identificación do paciente con tarxeta sanitaria e ordena a súa circulación cara as salas de espera das consultas, á vez que incorpora ferramentas coas que o facultativo pode mellorar a dirección da súa consulta, controlando sen esforzo a presenza e chamada aos que agardan na sala de espera.

Sobre PLEXUS
PLEXUS é unha empresa TIC consolidada, con ampla experiencia e fortemente posicionada nos ámbitos da consultoría, o desenvolvemento de solucións de TI e a prestación de servizos tecnolóxicos profesionais.

Conta na actualidade con máis de 500 empregados, distribuidos en 19 oficinas, tanto en territorio nacional como en Europa e América. Dispón de delegacións en Londres, Bruxelas, Santiago de Chile e México DF, e continúa coa expansión internacional.

PLEXUS é unha empresa cun marcado carácter innovador, cunha área de I+D+i moi activa na que se afrontan grandes retos tecnolóxicos. Grazas a elo, desde as súas oficinas se conceptualizan e executan proxectos para sectores económicos estratéxicos, como o turismo, a banca, a sanidade, a industria, a enerxía ou a automoción, tanto dentro como fóra de Europa.