Novas

12-05-2015

Google e Plexus presentarán en Galicia a nova xeración de ferramentas web para a empresa

A máis avanzada tecnoloxía de Google para empresas, Google for Work, será presentada en Galicia por Plexus e a multinacional de orixe irlandés, nunha sesión de traballo que se celebrará o vindeiro 28 de maio en Santiago de Compostela.

A área de negocio de Google for Work axuda ás empresas no seu proceso de dixitalización e go-mobile, ofrecendo servizos Cloud Platform a través de aplicacións na nube como Maps for Work, Apps and Drive for Work, Search for Work e Chrome for Work. 

Según explica Google, “as empresas participantes serán as primeiras en coñecer algúns principios básicos para innovar as súas estratexias TIC: intentar cousas novas, compartir todo o que sexa posible, contratar ás persoas adecuadas, centrarse nos usuarios e non na competencia, entre outras”.

Marxes económicos superiores
Pola súa parte, Antonio Agrasar, conselleiro delegado de Plexus, mantén que “os estudos revelan que as firmas con maior capacidade dixital logran uns marxes económicos significativamente superiores aos de empresas similares, por iso cremos que estamos participando dun hito no modo de facer negocios que queremos compartir cos empresarios galegos. Propoñémoslles un modo áxil, fácil e rentable de adaptarse aos modelos de futuro”. “A tecnoloxía de Google, a máis avanzada do mundo –subraia Agrasar-  é imprescindible para crear, innovar e prosperar, e a nosa alianza facilita que se poida aplicar en Galicia en consonancia co que se fai agora mesmo en Norteamérica ou Xapón”.

A proposta de Google e Plexus, que lega tras o seu acordo estratéxico de colaboración, céntrase en aportar ás empresas un maior rendemento, facilitando instrumentos que favorezan a vantaxe competitiva e a obtención de maiores beneficios, “o que provén do coñecemento, a innovación e a velocidade de execución”. 

Segundo os expertos de Google for Work, “os traballadores de hoxe en día queren ter acceso inmediato a súa información, desde calquera lugar e utilizando calquera dispositivo que teña accesible, xa sexa un portátil da empresa, unha tableta ou o seu smartphone de uso persoal. Necesitan poder traballar desde calquera lugar e en calquere momento.” Neste sentido, as aplicacións web axudaron aos usuarios a lograr notables avances na productividade persoal. “Por qué no poder traballar coa mesma rapidez e facilidade de colaboración das que xa disfrutamos na nnosa vida privada? Por qué non hacerlo con liberdade para traballar en consonancia co estilo de vida de cada un e así lograr grandes cousas independentemente de en donde se estea?”, estas son algunhas das preguntas ás que se darán resposta o vindeiro día 28 de maio en Santiago, da man de Google e Plexus.

Sobre PLEXUS
PLEXUS é unha empresa TIC consolidada, con ampla experiencia e fortemente posicionada nos ámbitos da consultoría, o desenvolvemento de solucións de TI e a prestación de servizos tecnolóxicos profesionais.
Conta na actualidad con máis de 500 empregados, distribuídos en 19 oficinas, tanto en territorio nacional como en Europa e América. Dispón de delegacións en Londres, Bruxelas, Santiago de Chile e México DF, e continúa coa súa expansión internacional.

PLEXUS é unha empresa cun marcado carácter innovador, cunha área de I+D+i moi activa na que se afrontan grandes retos  tecnolóxicos. Grazas a elo, desde as súas oficinas conceptualízanse e execútanse proxectos para sectores económicos estratéxicos, como o turismo, a banca, a sanidade, a industria, a enerxía ou a automoción, tanto dentro como fóra de Europa.