Novas

24-09-2015

Empresas compostelanas obterán licenzas de ERP gratuítas

A socia Inteco Ingeniería colabora coa empresa de formación Quelqum e ofrecen 14 licenzas gratuítas do ERP Onix para fomentar a empregabilidade do alumnado que está realizando o curso de Administración e Programación en Sistemas de Planificación de Recursos Empresariais.

Un ciclo formativo que está sendo impartido por Quelqum no marco das Accións Formativas para Desempregados da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

As empresas poden solicitar prácticas destes alumnos expertos en implantacións do Sistema ERP Onix, poñéndose en contacto con Inteco Ingeniería ou con QuelQum.