Novas

27-04-2010

Os grupos de traballo póñense en marcha

O Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia ratificou a posta en marcha das comisións e grupos de traballo, cos que a entidade comeza a traballar cara aos seus obxectivos estratéxicos.

Este método de reparto das tarefas responde ao compromiso expresado desde a presidencia de artellar fórmulas para a participación de todas as entidades representadas no Cluster nos procesos de toma de decisións. Unha destas comisión dedicarase a elaborar unha proposta para os novos estatutos da entidade, compromiso que tamén adquiriu o presidente, Rafael Valcarce, ante a Asemblea Xeral Extaordinaria do 11 de febreiro.

O resto de grupos traballarán nas seguintes áreas: Redacción do Regulamento de réxime interna; Política de subvencións e plan económico-financeiro; Globalización e internacionalización; Innovación e demanda temperá; Investigación e desenvolvemento; Formación; Relacións internacionais; Marketing e eventos; Coñecemento e dinamización inter-empresas, e Relacións públicas e comunicación.