Novas

16-01-2014

FONDOS PÚBLICOS

AXUDAS DO IGAPE GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS (2018)

O proxecto subvencionado consta de tres accións: Participación en Misión empresarial directa a Israel, en Xaneiro de 2018; un servizo integral de apoio en Licitacións Internacionais para beneficio das empresas socias e unha Misión Inversa Multipais a través da cal se invitaran a 17 axentes internacionais (partners, potenciais clientes das empresas asociadas, etc.) para fomentar a colaboración e a creación dun clima de confianza que permita pechar acordos comerciais ou estratéxicos.




IG239 - OBRADOIROS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2018)

Programa do IGAPE consistente na celebración de espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais susceptibles de optar ás axudas establecidas nestas bases ou noutras convocatorias, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial.

Financiamento recibido para os proxectos "Explotación dos contidos dixitais na Industria galega" (Primera convocatoria) e "Mercado Tecnolóxico das Comunicacións Gráficas" (Segunda convocatoria)




AXUDAS PARA O APOIO A AEIS CON OBXECTO DE MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PEMES (2017)

O Clúster TIC Galicia foi beneficiario destas axudas financiadas polo Ministerio de Economía, Industria e Competitivdade para o proxecto "Intelixencia Artificial colaborativa para a Industria Conectada 4.0"

O proxecto ten por obxecto explorar as necesidades comúns e específicas para o desenvolvemento de novos algoritmos (Intelixencia Artificial) destinados ao tratamento masivo de datos en entornos industriais, especialmente de industria manufactureira.

PROXECTO COFINANCIADO




AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS (CLÚSTERS) INNOVADORAS EN GALICIA (2016)

A través desta axuda (procedemento IG193) o Igape concede ás agrupacións empresariais (clústers) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia financiación destinada a dar soporte á estrutura para a realización de accións a desenvolver no trienio 2016-2018 encamiñadas a facilitar a interconexión das empresas, fomentar as actividades innovadoras, abrir novos mercados e propiciar a internacionalización.

O período de financiación abarca desde setembro de 2016 ata outubro de 2018.