Listado de novas con etiqueta: asemblea

14-09-2012 Novas do Cluster O Cluster celebrará Asemblea Xeral Extraordinaria o 2 de outubro

Os socios do Cluster TIC Galicia están convocados á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o próximo 2 de outubro no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela. Nesta Asemblea celebraranse eleccións á presidencia. O prazo para presentación de candidaturas e delegacións de representación e voto conclúe o 30 de setembro.

máis información
28-05-2012 Novas do Cluster
A entidade celebrou en Compostela a súa Asemblea Xeral Ordinaria
O Cluster TIC Galicia dará prioridade á innovación, a internacionalización das empresas e a competitividade sectorial

A Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster TIC Galicia, celebrada o pasado venres, día 25, en Santiago de Compostela, aprobou as contas anuais e deu luz verde ao plan operativo para o futuro inmediato da entidade, estruturado sobre catro eixos: desenvolvemento interno, innovación, internacionalización e competitividade sectorial.

máis información
23-05-2012 Novas do Cluster A Asemblea do Cluster será de portas abertas e estará precedida pola 28 edición da Lacon Network

A Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster TIC Galicia, que se desenvolverá este venres, día 25, en Santiago de Compostela, a partir das 17 horas, será de portas abertas e estará precedida pola Lacon Network. O Cluster é deste xeito o organizador da 28ª edición desta xa clásica xuntanza periódica de emprendedores vencellados ao sector galego das tecnoloxías de información e das comunicacións.

máis información