Listado de novas con etiqueta: cluster tic

15-05-2013 Novas do Cluster COINTEGA e Clúster TIC Galicia achegan ideas para un novo proxecto de innovación tecnolóxica no textil-moda

O 14 de maio reuníronse na sede de COINTEGA varios membros das empresas que integran o Cluster Galego Textil Moda e o Cluster TIC Galicia, para levar a cabo un proxecto de innovación tecnolóxica para o sector téxtil-moda.

máis información
30-04-2013 Novas do Cluster Seidor, novo socio do Clúster TIC Galicia

Seidor, grupo de empresas dedicadas á provisión de solucións integrais no ámbito das tecnoloxías da información, ven de se incorporar ao Clúster TIC Galicia. O novo socio está presente no mercado dende 1982 e conta con oficinas en 17 cidades españolas. A isto súmase unha destacada implantación internacional.

máis información
26-04-2013 Novas do Cluster Dúas xornadas organizadas por GAIN reuniron a empresarios e técnicos do CDTI para facilitar o acceso a axudas á innovación

Co obxectivo de facilitar o acceso das empresas galegas a 42 millóns de euros en axudas á innovación procedentes de fondos europeos e estatais, os días 23 e 24 desenvolvéronse dúas xornadas organizadas pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e coa participación do Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI).

máis información
23-04-2013 Novas do Cluster Falece Francisco Javier Acosta, que foi director xeral de Egatel e fundador do Clúster TIC Galicia

O Clúster TIC Galicia lamenta profundamente o falecemento de Francisco Javier Enrique Acosta Cameselle, que ata finais do ano pasado foi director xeral de Egatel e que participou na fundación da nosa organización.

máis información
11-04-2013 Novas do Cluster
Acordos do COES e proxectos en marcha
O Clúster TIC aglutina esforzos e multiplica capacidades
Transparencia, Dinamismo, Coñecemento e Crecemento, bases da nova andaina

Co obxectivo de desenvolver sinerxías para mellorar e ampliar proxectos e servizos, o Clúster TIC Galicia traballa en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG), coa plataforma tecnolóxica Vindeira e coa asociación empresarial EGANET. Esta cooperación seguirá estendéndose ao resto das entidades TIC galegas e permitirá o afortalamento e crecemento do sector.

máis información
11-04-2013 Novas do Cluster Ábrese a posibilidade de poñer unha representación colectiva das TIC galegas en Gran Bretaña

O Grupo de Traballo de Internacionalización mantivo unha reunión co Departamento de Investimentos da Embaixada do Reino Unido en Madrid, na que se trataron cuestións relativas ás condicións que se lles ofrecen ás empresas do noso sector para establecerse naquel mercado. Esta implantación pode facerse efectiva a través dunha empresa que representase os intereses de varios socios, posibilidade que vai ser explorada polo Clúster TIC Galicia.

máis información