26-03-2013
Novas do Cluster
Industria potenciará os clúster como pancas de dinamización da economía
O pasado 20 de marzo, o Clúster TIC Galicia tomou parte nunha reunión do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, con xerentes e representantes doutros vinte clúster da comunidade autónoma. O encontro tivo lugar na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e contou tamén coa participación de Javier Aguilera, director deste organismo.
máis información
23-11-2012
Novas do Cluster
Xornada informativa sobre o programa Re-Acciona
O martes 27 de novembro, na sede do FEUGA, en Compostela, celébrase unha xornada informativa sobre o programa Re-Acciona á que están convidados os socios do Cluster. Este programa persegue mellorar as competencias do capital humano das pemes.
máis información
09-11-2012
Novas do Cluster
Xornada sobre oportunidades de negocio en Eslovaquia
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organiza o día 27 a xornada "Eslovaquia, un mercado de oportunidades", de acceso restrinxido e á que poden asistir socios do Cluster TIC Galicia.
máis información
10-10-2012
Novas do Cluster
Aportacións dos socios ás Bases de Apoio á Internacionalización 2013
En relación ás Bases de Apoio a Internacionalización do IGAPE para o 2013, o Instituto Galego de promoción Económica quere contar coa opinión dos socios do Cluster TIC Galicia sobre as liñas actuais. Unha opinión que se plasme en suxestións de modificación e/ou complemento das bases, de modo que estas faciliten a posta en marcha de accións de promoción internacional que faciliten as accións que supoñan unha colaboración interempresarial.
máis información
24-07-2012
Novas do Cluster
O IGAPE e a Escola de Organización Industrial ofrecen cursos gratuitos de Xestión Internacional da Empresa
O IGAPE, en colaboración coa Escola de Organización Industrial, organizan cursos gratuítos de Xestión Internacional da Empresa, en diferentes lugares da xeografía galega, a partir do cuarto trimestre de 2012.
máis información
24-07-2012
Novas dos asociados
Estratega Consulting colabora co programa do IGAPE Re-acciona
No marco do programa do IGAPE Re-acciona, Estratega Consulting prestará a PEMEs de 5 a 20 empregados un servizo de diagnóstico integral de competitividade.
máis información