28-05-2012
Novas do Cluster
Éxito da Lacon Network organizada polo Cluster
Organizada polo Cluster TIC Galicia, a vixésima oitava edición da Lacon Network celebrouse o pasado venres, día 25, en Santiago de Compostela. Asistíu un bo número de emprendedores do eido das novas tecnoloxías, que compartiron a tradicional comida de confraternización e networking que distingue a este evento, xa un clásico no sector.
máis información
23-05-2012
Novas do Cluster
A Asemblea do Cluster será de portas abertas e estará precedida pola 28 edición da Lacon Network
A Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster TIC Galicia, que se desenvolverá este venres, día 25, en Santiago de Compostela, a partir das 17 horas, será de portas abertas e estará precedida pola Lacon Network. O Cluster é deste xeito o organizador da 28ª edición desta xa clásica xuntanza periódica de emprendedores vencellados ao sector galego das tecnoloxías de información e das comunicacións.
máis información