29 xullo 2025
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asistiu á firma do proxecto europeo ALLOCATE, presentado hoxe no Concello da Coruña, e cuxo obxectivo é desenvolver solucións baseadas en intelixencia artificial (IA) para mellorar os servizos da cidade en ámbitos como a reciclaxe ou a mobilidade, en liña co Pacto Verde Europeo e a Estratexia Española de Intelixencia Artificial.
Na iniciativa, liderada pola administración local, colaboran outros socios estratéxicos como a Universidade da Coruña, Altia e Khora Urban Thinkers, e conta cun orzamento de 5,5 millóns de euros, dos que o 80% proceden de fondos FEDER. ...