14 outubro 2026
O Clúster TIC Galicia está á procura dun/dunha consultor/a de IA e Innovación Tecnolóxica para traballar durante nove meses -a xornada completa- no proxecto "Xanela Única Dixital", unha iniciativa da propia entidade que busca conectar a oferta e demanda TIC galega.
Os requisitos para postularse a esta vacante son os seguintes:
Ter entre 18 e 29 anos.
Estar inscrito/a como beneficiario/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Aquelas persoas que os cumpran, poden enviar o seu CV a emprego@clusterticgalicia.com.
O portelo único ...
28 setembro 2026
O Clúster TIC Galicia celebrou o pasado 24 de setembro, no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela, un evento que reuniu a representantes das empresas e entidades socias de tres dos seus Grupos de Traballo -Intelixencia Artificial, Internacionalización e Talento-, así como aos membros do Comité de Dirección (CODI), que homenaxearon a José Ángel Veiga, exvogal do CODI en representación de Satec, polos seus 14 anos dedicados á asociación e a súa inestimable contribución ao sector.
O encontro comezou cun espazo de networking que permitiu compartir experiencias e establecer novos contactos entre as empresas participantes -algunhas delas ...
3 setembro 2026
Asiste xunto a Altia, APDTIC, AuthUSB, Quobis, Redegal e Sg Tech a Andicom, o congreso tecnolóxico máis importante de Latinoamérica, enfocado en IA
Contempla, ademais, reunións estratéxicas con diferentes empresas, institucións e organismos públicos do país
O Clúster TIC Galicia organiza unha misión comercial a Colombia na que participan varias empresas socias co obxectivo de buscar novas oportunidades de negocio e seguir impulsando a internacionalización do sector tecnolóxico galego, unha das prioridades estratéxicas do ecosistema.
A delegación, integrada pola propia entidade, Altia, APDTIC, authUSB, Quobis, Redegal e Sg Tech, asiste á 41 edición de Andicom, o congreso tecnolóxico máis importante ...
29 xullo 2026
Artigo de Santos Cavero, IT Consultant no Clúster TIC Galicia
Entre o 17 de xuño e o 8 de xullo participei nun seminario sobre economía dixital e comercio electrónico organizado pola Universidade de Hebei de Economía e Negocios e o ministerio chinés correspondente, coa Fundación Cátedra Chinesa como ligazón desde España. Tres semanas de conferencias e, sobre todo, de visitas de campo a empresas en Shijiazhuang, Pequín, Hangzhou e Yiwu. Estas son as miñas notas para o sector, coa vista posta no que Galicia e Europa deberían estar a mirar.
O comercio electrónico como infraestrutura cotiá
A primeira lección é ...
21 xullo 2026
O Clúster TIC Galicia presentou hoxe na Cidade das TIC cinco novos proxectos do seu programa Tech Angels, unha iniciativa que busca conectar emprendedores e startups con compañías tecnolóxicas consolidadas no mercado para explorar posibles vías de colaboración.
O obxectivo é identificar sinerxías e construír alianzas estratéxicas que axuden a converter ideas innovadoras en solucións escalables, adaptadas ás necesidades de cada proxecto.
O programa, conta co respaldo de Aldaba, Cuatro Digital, cinfo, Dimensiona, Dos Espacios, Green Skills, Imatia, Ipglobal, Itelsis, Merlin Software, Ozona, Quobis e Sg Tech, e ofrece aos participantes acceso a coñecemento especializado, mentoría e soporte tecnolóxico.
Nesta ...
30 xuño 2026
Froito do consenso entre Administración, empresas e outros axentes, é o primeiro instrumento destas características aprobado en Galicia
Consolida o peso estratéxico do sector no territorio e busca impulsar a súa competitividade, innovación e internacionalización
Posiciona ao Clúster TIC Galicia como vehículo para vertebrar os intereses das compañías tecnolóxicas
A Consellería de Economía e Industria presentou hoxe o Plan Director da Industria das TIC para o período 2026-2028, no marco da Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Clúster TIC Galicia, celebrada no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela.
A aprobación deste documento supón un fito para o ecosistema ...
23 xuño 2026
Xunta e representantes do sector rubrican este acordo para reforzar Galicia como polo de innovación
O Clúster TIC Galicia participou hoxe na firma do novo Pacto Dixital entre a Xunta e representantes do sector tecnolóxico, nun acto celebrado no centro GaiásTech de Santiago de Compostela, que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o director da Amtega, Damián Rey.
Este acordo supón a actualización do Pacto Dixital subscrito en 2013 e establece un novo marco de colaboración con horizonte ata 2030, orientado a reforzar a colaboración público-privada para ...
5 xuño 2026
O Clúster TIC Galicia vén de poñer en marcha os servizos do Centro de Procesamento de Datos (CPD) situado no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC da Coruña, unha infraestrutura de altas prestacións deseñada para dar soporte a proxectos de intelixencia artificial, computación avanzada e procesamento multimedia.
A través desta plataforma en liña, as compañías poden acceder a todas as funcionalidades necesarias para xestionar as súas máquinas virtuais e recursos de computación. Estes servizos están dispoñibles para calquera empresa tecnolóxica interesada no seu uso. Non obstante, as firmas socias do Clúster TIC Galicia beneficiaranse dun desconto superior ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia vén de lanzar un obradoiro centrado na IA e na colaboración con organismos de I+D+i do territorio galego que busca axudar ás empresas TIC a identificar oportunidades reais de desenvolver aplicacións e tecnoloxías de IA, facilitando o acceso a capacidades tecnolóxicas avanzadas e impulsando a xeración de proxectos colaborativos con potencial de financiamento público.
O programa do obradoiro estrutúrase en tres sesións:
12/05/2026 (Online) | Networking e capacidades
Obxectivo: coñecer de primeira man as capacidades en IA de centros como AtlanTTic, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG, e identificar posibles colaboracións.22/05 ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia organiza este mes de maio, e en colaboración co Igape, o obradoiro "Innovación con IA" co obxectivo de conectar empresas tecnolóxicas que dispoñen de solucións de intelixencia artificial maduras con compañías dos sectores da construción, a biotecnoloxía e a economía circular.
O programa estrutúrase como un itinerario práctico de tres sesións, en liña e/ou presenciais, orientado á creación ...