15 abril 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración con DATAlife, organiza un webinario sobre o impacto para o sector tecnolóxico galego da Lei de Mercados Dixitais (DMA) e a Lei de Servizos Dixitais (DSA), que terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 16:00 h, e no que xa podes reservar a túa praza.
Esta sesión pechará o ciclo de conferencias posto en marcha pola entidade o pasado mes de febreiro, co propósito de analizar os retos e oportunidades que presenta a nova regulación europea no ámbito dixital para ecosistema TIC, ofrecendo unha visión práctica e clara sobre o ...
4 marzo 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración co hub DATAlife, organiza o vindeiro xoves, 12 de marzo ás 15:30 h, o webinario "A nova regulación en comunicación e atención ao cliente: adaptación e oportunidades para o sector TIC galego", cuxa inscrición xa está aberta a través deste formulario.
Trátase do segundo seminario en liña que ofrece a entidade no marco do ciclo de conferencias que está a levar a cabo para analizar, de forma práctica e detallada, como afecta a nova normativa dixital da Unión Europea ás empresas tecnolóxicas e como estas deben operar e ofrecer os seus servizos en ...
3 febreiro 2026
A Unión Europea está a deseñar un amplo paquete de normativas para acadar os obxectivos de transformación dixital marcados pola propia Comisión ata 2030, e desde o Clúster TIC Galicia queremos acompañar ás empresas tecnolóxicas galegas neste proceso de adaptación e aproveitamento que supón a aplicación desta estratexia.
Por iso, en colaboración co hub de innovación dixital DATAlife, organizamos un ciclo de webinarios, de carácter gratuíto, centrado nas oportunidades estratéxicas e desafíos que representa este novo marco para o sector tecnolóxico, co obxectivo de explicar de forma clara e práctica como afecta esta “folla de ruta” europea ás compañías ...