O Clúster TIC Galicia vén de celebrar esta semana as primeiras sesións dos obradoiros de innovación, financiados polo Igape no marco da súa liña de axudas IG300H, para promover a colaboración entre empresas tecnolóxicas e entidades de diversa índole para o desenvolvemento de propostas baseadas en IA:
Obradoiro dirixido a organismos de I+D+i e empresas TIC para impulsar proxectos susceptibles de financiamento público: 12, 22 e 28 de maio
Na primeira sesión, celebrada o 12 de maio, participaron 41 expertos de seis organismos galegos de investigación e tecnolóxicos -atlanTTIC, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG-, así como 16 empresas TIC.
Este primeiro encontro serviu para compartir capacidades, experiencias e intereses comúns, asentando as bases da seguinte fase do proceso. A partir da información recollida, comezaranse a deseñar as mesas temáticas do vindeiro encontro, unha xornada de traballo que terá lugar o 22 de maio na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
Esta cita centrarase en dinámicas grupais para a identificación de retos e ideación de proxectos baseados en intelixencia artificial, así como para a preparación de propostas colaborativas susceptibles de presentarse a diferentes liñas de financiamento público.
Consulta o programa completo desta actividade, aquí.
Obradoiro para favorecer o desenvolvemento de solucións de IA no sector da construcción, a economía circular e a biotecnoloxía: 13, 21 e 26 de maio
Na primeira reunión participaron 45 profesionais en representación de nove compañías que demandan proxectos baseados en IA e trece empresas tecnolóxicas que ofertan solucións aplicables a estes ámbitos. Durante o webinario, os asistentes tiveron a oportunidade de poñer en común o seu expertise, necesidades e desafíos, que se abordarán na segunda convocatoria, que se celebrará o 21 de maio na Cidade da Cultura.
Máis información sobre este obradoiro multisectorial, aquí.
Comentarios