Es socio do Clúster TIC Galicia ou do CPEIG? Participa no evento de networking Link Hi!

Silvia Camesella,

Es socio do Clúster TIC Galicia ou do CPEIG? Participa no evento de networking Link Hi!


O Clúster TIC Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e o Hi Coruña, organizan o Link Hi, que terá lugar o venres 20 de febreiro, de 10:00 a 11:00 h, na sede do hub, situdada na Avenida Porto da Coruña, 3, da cidade herculina.

O evento, de carácter gratuíto e dirixido exclusivamente a entidades socias do Clúster TIC Galicia e do CPEIG, incluirá:

  • Visita guiada: un percorrido polas instalacións para coñecer os espazos que conforman a comunidade Hi.
  • Encontro con empresas inquilinas: unha oportunidade para coñecer de primeira man ás compañías que forman parte do espazo.
  • Networking xenuíno: para establecer conexións reais con outros profesionais e emprendedores.
  • Almorzo de peche: porque as mellores conversacións e contactos sempre xorden ao redor dun bo café.

Inscríbete neste enlace antes do 16 de febreiro. Agardámoste!

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies