Inscríbete no obradoiro que organizamos para promover a colaboración entre organismos de I+D+i e empresas TIC no eido da IA

Silvia Camesella,

Inscríbete no obradoiro que organizamos para promover a colaboración entre organismos de I+D+i e empresas TIC no eido da IA


O Clúster TIC Galicia vén de lanzar un obradoiro centrado na IA e na colaboración con organismos de I+D+i do territorio galego que busca axudar ás empresas TIC a identificar oportunidades reais de desenvolver aplicacións e tecnoloxías de IA, facilitando o acceso a capacidades tecnolóxicas avanzadas e impulsando a xeración de proxectos colaborativos con potencial de financiamento público.

O programa do obradoiro estrutúrase en tres sesións:

12/05/2026 (Online) | Networking e capacidades

  • Obxectivo: coñecer de primeira man as capacidades en IA de centros como AtlanTTic, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG, e identificar posibles colaboracións.

22/05/2026 (Cidade da Cultura) | Ideación de retos e proxectos de IA

  • Obxectivo: traballar en dinámicas grupais para definir retos reais e explorar oportunidades de desenvolvemento conxunto.

28/05/2026 (Híbrido) | Preparación de propostas cooperativas

  • Obxectivo: deseñar proxectos orientados para ás próximas convocatorias, como as misións do CDTI e os programas cooperativos vinculados a tecnoloxías STEP (Strategic Technologies for Europe Platform), xestionados pola Axencia GAIN, cun enfoque práctico e aplicable a curto prazo.

A participación no itinerario completo permitirá:

  • Identificar oportunidades de aplicación da IA no teu negocio
  • Conectar con centros de investigación e tecnolóxicos e outras empresas do sector
  • Xerar ideas de proxectos colaborativos
  •  Acceder a oportunidades de financiamento para innovación

As prazas son limitadas e é preciso a implicación e participación nas 3 sesións con inscrición previa, a través deste formulario.

Consulta aquí o aquí o programa completo  e os contidos das diferentes sesións.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies