Inscricións abertas para participar no primeiro webinar sobre as oportunidades e desafíos da normativa europea para o sector TIC galego

Silvia Camesella,

Inscricións abertas para participar no primeiro webinar sobre as oportunidades e desafíos da normativa europea para o sector TIC galego


A Unión Europea está a deseñar un amplo paquete de normativas para acadar os obxectivos de transformación dixital marcados pola propia Comisión ata 2030, e desde o Clúster TIC Galicia queremos acompañar ás empresas tecnolóxicas galegas neste proceso de adaptación e aproveitamento que supón a aplicación desta estratexia. 

Por iso, en colaboración co hub de innovación dixital DATAlife, organizamos un ciclo de webinarios, de carácter gratuíto, centrado nas oportunidades estratéxicas e desafíos que representa este novo marco para o sector tecnolóxico, co obxectivo de explicar de forma clara e práctica como afecta esta “folla de ruta” europea ás compañías do noso sector:

➤ 12 de febreiro. IA na práctica. Aspectos a ter en conta á hora de incluír a IA nos produtos e nos procesos internos.

➤ 12 de marzo. A nova regulación en comunicación.

➤ 29 de abril. A nova competencia dixital.

Cos estes webinarios queremos:

  • Anticipar e analizar os cambios obrigatorios e os prazos de cumprimento.
  • Identificar novas oportunidades de negocio e vantaxes competitivas neste novo escenario.
  • Comprender os retos técnicos e operativos e como abordalos con éxito.

O vindeiro xoves, 12 de febreiro, convidámoste a participar no primeiro webinario do ciclo: IA na práctica. Aspectos a ter en conta á hora de incluír a IA nos produtos e nos procesos internos, coa seguinte axenda:

11:30 h | Intervención de Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, e Lucía Castro Díaz, xerente de DATAlife.

11:40 h José Manuel Sendín, avogado de Sistemiusrealizará unha análise práctica e aplicada sobre os factores clave que deben considerar as empresas ao incorporar solucións de IA, moderada por Andrés Sastre, director de proxectos do Clúster TIC Galicia, e na que se abordará:

  • A calidade e gobernanza dos datos como base dunha intelixencia artificial fiable.
  • O novo marco regulatorio europeo e as obrigas para provedores e usuarios.
  • A propiedade dos modelos e os aspectos clave de propiedade intelectual.
  • A xestión de riscos operacionais e éticos.
  • Estratexias para integrar a IA con garantías en produtos e procesos internos.

Inscríbete aquí para participar no evento: https://forms.gle/ZbwVFrpifR7b1mUU7. Agardámoste!

Consulta o programa completo.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies