José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, novo presidente do Clúster de Saúde

Silvia Camesella,

José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, novo presidente do Clúster de Saúde


  • Cunha sólida traxectoria, asume o reto de impulsar o crecemento da entidade

José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, foi nomeado novo presidente do Clúster Saúde de Galicia (CSG). A innovación en saúde abre así unha nova etapa en Galicia da man da compañía. Deste xeito, reforzan o seu compromiso coa transformación dixital e a colaboración entre empresas, Administración, universidades, centros de investigación e entidades sanitarias. 

Cunha sólida traxectoria no ámbito tecnolóxico, José Manuel García Oya asume o reto de impulsar o crecemento do Clúster. Ademais, tamén ten por obxectivo seguir posicionando a Galicia como un referente en innovación sanitaria, saúde dixital e transferencia de coñecemento. 

Nesta nova etapa, estará acompañado por un equipo que integra perfís procedentes da industria farmacéutica, tecnoloxía, investigación, ámbito sociosanitario e administración pública. 

Asemblea Xeral da Clúster Saúde de Galicia

O nomeamento de José Manuel García Oya como novo presidente do CSG estivo enmarcada nos actos da súa Asemblea Xeral Ordinaria. O encontro, celebrado o pasado venres 26 de xuño en Santiago de Compostela, reuniu a representantes institucionais, empresariais e académicos para definir os próximos pasos do ecosistema galego de saúde. 

Alén do acto central, coa renovación da Xunta Directiva, a Asemblea tamén serviu para a presentación de novas iniciativas orientadas a fortalecer a innovación, o emprendemento e a colaboración no sector. 

Para rematar, cabe destacar que este nomeamento únese ao seu tamén recente recoñecemento polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. Neste caso, os informáticos galegos entregáronlle o Premio Especial CPEIG, en Memoria de Hernán Vila, polo seu percorrido profesional. 

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies