O Clúster TIC Galicia vén de abrir un concurso interno, dirixido aos seus socios, para a contratación do deseño e implementación dunha plataforma que permita centralizar os principais servizos da entidade.
Esta solución despregarase integramente en infraestructura on premis, a través dos servidores do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, e actuará como base do primeiro Xemelgo Dixital do sector TIC galego.
O obxectivo é crear un ecosistema dixital centralizado que permita a interoperabilidade entre os distintos sistemas, con catro módulos integrados:
O orzamento de licitación estímase no intervalo de 90.000 € e 130.000 € (IVE excluído) e o prazo máximo de execución será de 8 meses desde a formalización do contrato.
As empresas socias interesadas que cumpran os requisitos establecidos nos pregos deberán presentar a documentación indicada, incluíndo os anexos de participación, oferta económica e proposta técnica.
As propostas poderán enviase por correo electrónico a info@clusterticgalicia.com ata o 24 de marzo de 2026, inclusive.
Consulta o prego administrativo e o prego técnico, onde se detallan as condicións completas do concurso, o alcance funcional do proxecto e os criterios de valoración das propostas.
Comentarios