O Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego, organiza o webinario «Desafíos na propiedade intelectual do software»

María Xosé Jamardo Curros,

O Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego, organiza o webinario «Desafíos na propiedade intelectual do software»


O Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego e o Igape, organiza o webinario «Desafíos na propiedade intelectual do software» o vindeiro 30 de outubro ás 16:00 h, con inscrición previa gratuíta.

Alberto Álvarez Flores, responsable de patentes, marcas e consultoría na asesoría e xestoría Álvarez Real e axente oficial da propiedade industrial, analizará os principais retos aos que se enfrontan as empresas tecnolóxicas e de comercio dixital para salvagardar as súas creacións software e evitar así a exposición destas ideas innovadoras. 

Con este obxectivo, durante a xornada en liña, abordaranse:

  • As principais dificultades legais e estratéxicas na protección do software.
  • O abano de protección que ofrecen as distintas figuras xurídicas: dereitos de autor, patentes, marcas e segredo empresarial.
  • Criterios prácticos para decidir cal é a combinación ideal de protección para cada tipo de software ou innovación dixital.
  • Dúbidas comúns, como: podo patentar un algoritmo? Que protexe exactamente o dereito de autor no meu código? Cando é o segredo empresarial a miña mellor opción?
  • Dotar aos asistentes dun marco de coñecemento que lles permita tomar decisións informadas e estratéxicas para protexer os seus activos intanxibles e fortalecer a súa posición no mercado.

Posteriormente, abrirase un espazo de debate para que os asistentes poidan trasladar as súas dúbidas. 

- Consulta o programa completo.

- Inscríbete neste enlace.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies