O Clúster TIC Galicia organiza un obradoiro para impulsar proxectos de IA na construción, biotecnoloxía e economía circular

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia organiza un obradoiro para impulsar proxectos de IA na construción, biotecnoloxía e economía circular


  • O obxectivo é resolver retos reais nas empresas destes sectores con solucións de intelixencia artificial
  • Levarase a cabo a través de tres sesións prácticas, o 13, 21 e 26 de maio, con carácter online e presencial

O Clúster TIC Galicia organiza este mes de maio, e en colaboración co Igape, o obradoiro "Innovación con IA" co obxectivo de conectar empresas tecnolóxicas que dispoñen de solucións de intelixencia artificial maduras con compañías dos sectores da construción, a biotecnoloxía e a economía circular.

O programa estrutúrase como un itinerario práctico de tres sesións, en liña e/ou presenciais, orientado á creación de proxectos de implantación con impacto medible, é dicir, con resultados concretos en termos de innovación e desenvolvemento empresarial.

Neste contexto, o Clúster TIC Galicia busca:

  • Proxectos viables e susceptibles de ser postos en marcha
  • Solucións tecnolóxicas baseadas en IA, comerciais ou próximas ao mercado
  • Impacto significativo (económico, operativo, ambiental ou estratéxico)
  • Iniciativas con potencial de acceso a financiamento público

Calendario de sesións

13 de maio | Presentación de solucións (en liña) | de 10:00 a 12:00h.

  • Obxectivo: achegar empresas TIC con solucións de IA maduras a empresas dos sectores demandantes, activando o interese real de implantación.

21 de maio | Matching oferta–demanda (presencial) | de 10:00 a 13:00h.

Lugar: Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela (Sala 1)

  • Obxectivo: deseñar proxectos concretos de implantación entre empresas TIC e empresas demandantes, con alcance, partes implicadas e definición de seguintes pasos.

26 de maio | Presentación de proxectos e financiamento (en liña ou presencial) | de 10:00 a 12:00h.

  • Obxectivo: presentar os proxectos definidos e explorar liñas de financiamento público para a súa posta en marcha

Con esta iniciativa, a entidade reforza a súa aposta pola capacitación e a innovación a través da súa estratexia de formación, favorecendo a transferencia de coñecemento e a xeración de oportunidades reais de colaboración.

As prazas son limitadas e é necesario inscribirse para participar a través deste formulario antes do venres 8 de maio, ás 13.00 h.

Consuta aquí o programa completo de todas as xornadas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies