O Clúster TIC Galicia organiza, en colaboración con Node Hub, un "Taller para o Desenvolvemento da Innovación Interna", o vindeiro martes 28 de outubro, de 9:00 h a 14:00 h, no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC (A Coruña). Trátase dunha xornada práctica, aberta a empresas que queiran impulsar a creatividade, fomentar a cultura innovadora e descubrir novas formas de resolver retos reais dentro da súa organización.
Carlota Corzo, senior strategy advisor de Innovaslab, será a encargada de abrir a sesión cunha keynote inspiradora sobre como converter as ideas en impacto. Corzo foi incluída na prestixiosa lista Forbes 30 Under 30 España 2022, que recoñece a mozos influentes en diferentes ámbitos, grazas ao seu proxecto Lázzaro, agora transformado en Innovaslab. Esta empresa desenvolve distintos proxectos tecnolóxicos, como software, apps, solucións con IA e blockchain ou produtos dixitais para diferentes tipos de clientes, desde ONGs ata emprendedores, pasando por empresas consolidadas.
Posteriormente, intervirán profesionais de Designthinking.gal, unha consultora especializada en programas de formación en creatividade e innovación, a través da metodoloxía homónima. En concreto, abordarán como:
Para concluír, tamén se presentará oficialmente o programa de aceleración tecnolóxica Node Hub Galicia 2025. O taller inclúe, ademais, coffee break e comida networking. Consulta o programa completo.
Inscríbete xa aquí. As prazas son limitadas! https://form.typeform.com/to/ItDILxes
Comentarios