O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, participou hoxe no foro Galicia Conecta sobre tecnoloxías cuánticas, que organizou Telefónica na Cidade da Cultura de Galicia, e que reuniu a diferentes empresas e expertos na materia, como Lois Orosa, director do CESGA. No encontro abordouse o novo escenario que abren, tanto para o ámbito público como para a industria, as tecnoloxías cuánticas e a súa combinación con outras innovacións disruptivas como a intelixencia artificial.
O máximo responsable do Clúster TIC Galicia interviu na mesa redonda "Tecnoloxías cuánticas, unha nova forma de procesar e transformar a sociedade", moderada por Carmen Cotelo, directora da Axencia Galega de Innovación (Axencia GAIN), onde tamén estiveron presentes Pablo Vidal, responsable de Transformación Dixital do Territorio Norte de Telefónica, Adriano Galano, AI & HPC Sales Specialist de Hewlett Packard Enterprise e Carlos Kuchkovsky, CEO & co-founder de QCentroid.
O acto tamén contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que analizou os novos proxectos e as vantaxes que as tecnoloxías cuánticas poden achegar ao crecemento das empresas, xunto co presidente de Telefónica España, Borja Ochoa.
Este foi o programa do evento.
Comentarios