Plexus Tech incorpórase como partner tecnolóxico da plataforma solidaria TERRA MOVE

Silvia Camesella,

Plexus Tech incorpórase como partner tecnolóxico da plataforma solidaria TERRA MOVE


  • Suman as súas solucións de innovación á plataforma de mecenado para o ecosistema do deporte galego

Plexus Tech incorpórase como colaborador e partner tecnolóxico de TERRA MOVE, a plataforma solidaria de mecenado ao servizo do ecosistema do deporte galego, impulsada pola Fundación Amare Terra en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dunha ferramenta innovadora que permite a clubs, federacións e deportistas captar fondos de forma directa, segura e transparente, e facilita que particulares e empresas poidan no seu caso beneficiarse dos incentivos ao mecenado previstos pola Lei 49/2002.

TERRA MOVE nace como un proxecto sen ánimo de lucro para democratizar o acceso ao mecenado e colaborar co tecido deportivo galego, especialmente nos deportes minorizados, inclusivos e de base. A través dunha plataforma de acceso gratuíto, xestionada pola Fundación Amare Terra co respaldo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, o proxecto integrará tecnoloxía para conseguir que o 100% das doazóns chegue aos beneficiarios finais, con rastrexabilidade, transparencia e xestión automatizada para doantes e entidades.

Unha plataforma sólida, escalable e de referencia

Coa súa incorporación ao proxecto de TERRA MOVE como partner tecnolóxico, achegarán solucións en tecnoloxía cloud, intelixencia artificial, ciberseguridade, desenvolvemento de software, aplicacións de xestión e despregamento de infraestruturas dixitais.

Isto permitirá que TERRA MOVE creza e se consolide como unha plataforma sólida, escalable e de referencia. Ademais, a través do seu liderado no ámbito da transformación dixital, a accesibilidade e a comunicación, reforzaremos a visibilidade do deporte galego en todas as canles dixitais. Nesta liña, esta iniciativa posiciónase como un exemplo de innovación social e tecnolóxica.

Mediante esta alianza, dotarán a TERRA MOVE dunha plataforma tecnolóxica de alto nivel. Será totalmente accesible, con todos os seus procedementos dixitalizados, de principio a fin. Ao mesmo tempo, poñerase a IA ao servizo do deporte: desde a xestión intelixente de campañas solidarias ata a análise do impacto social, deportivo e económico de cada doazón.

Coa súa unión á Fundación Amare Terra, TERRA MOVE aspira a converterse nun modelo de transformación dixital replicable, capaz de inspirar novas formas de cooperación entre tecnoloxía e acción social.

Un proxecto innovador e apaixonante desde Galicia

Así mesmo, este acordo representa un reto apaixonante para a súa compañía. Neste sentido, sumámonos desde Galicia a un proxecto innovador con vocación de transcender e converterse nunha referencia nacional en materia de tecnoloxía aplicada ao ben común. Pola súa concepción e utilidade, a plataforma está chamada a estenderse no futuro a outros ámbitos sociais máis aló do deporte. Así, buscamos consolidar un novo paradigma de colaboración entre empresas e entidades comprometidas co desenvolvemento sostible e a solidariedade.

Pola súa banda, para a Fundación Amare Terra, a súa incorporación supón un motivo de orgullo e unha garantía de éxito. “Contar cunha gran empresa tecnolóxica galega, líder en innovación e con profundo arraigamento territorial, asegura non só a excelencia técnica do proxecto, senón tamén a súa sustentabilidade, a súa proxección nacional e a súa contribución ao fortalecemento do deporte galego como motor de inclusión, saúde e valores humanos”, destacan.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies