O Clúster TIC Galicia, en colaboración co hub DATAlife, organiza o vindeiro xoves, 12 de marzo ás 15:30 h, o webinario "A nova regulación en comunicación e atención ao cliente: adaptación e oportunidades para o sector TIC galego", cuxa inscrición xa está aberta a través deste formulario.
Trátase do segundo seminario en liña que ofrece a entidade no marco do ciclo de conferencias que está a levar a cabo para analizar, de forma práctica e detallada, como afecta a nova normativa dixital da Unión Europea ás empresas tecnolóxicas e como estas deben operar e ofrecer os seus servizos en base a este cambio regulatorio.
Transformar os retos en oportunidades
As novas leis esixen certas obrigas ás empresas, pero tamén abren un amplo abanico de posibilidades para innovar e diferenciarse.
No caso da normativa relacionada coa comunicación e a atención ao cliente, esíxese o bloqueo de chamadas fraudulentas, atención en linguas cooficiais, gravación de chamadas, accesibilidade e prohibición de certos usos da intelixencia artificial.
O incumprimento destas obrigas pode conlevar sancións económicas elevadas e a exclusión de licitacións públicas. Con todo, o cumprimento proactivo pode converterse nunha vantaxe competitiva e nunha oportunidade de diferenciación no mercado.
No webinario do vindeiro xoves, Jorge Cabaleiro, sales consultant en Quobis, afondará nas oportunidades de negocio que se abren ante esta actualización da normativa, como o desenvolvemento de servizos de verificación e interoperabilidade, consultoría para o cumprimento, análise avanzada de datos e solucións tecnolóxicas adaptadas.
Temas destacados
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e Lucía Castro, xerente de DATAlife, farán a introdución ao seminario, no que se tratarán os siguentes temas:
Este ciclo de conferencias é unha oportunidade excelente para que as empresas TIC galegas comprendan a normativa europea, anticipen riscos e descubran novas oportunidades de negocio, coma unha vantaxe competitiva que pode marcar a diferenza no mercado dixital.
Comentarios