SIXTEMA posiciónase como a cuarta empresa máis innovadora de Galicia

Silvia Camesella,

SIXTEMA posiciónase como a cuarta empresa máis innovadora de Galicia


  • SIXTEMA alcanza o Top 5 da Clasificación ARDÁN, un recoñecemento ao crecemento e a aposta constante pola I+D+i, e consolídase como referente do sector dixital galego no seu 20 aniversario

A empresa tecnológica SIXTEMA Proyectos de Información, S.L. consolida a súa traxectoria no ámbito da innovación ao alcanzar a cuarta posición na Clasificación de Empresas Innovadoras de Galicia, publicado no informe ARDÁN 2025, situándose por primeira vez dentro do Top 5.

O novo informe ARDÁN recoñece, un añou más, a SIXTEMA co Indicador de Empresa Innovadora, distinción que acredita o seu compromiso continuado coa creación de valor a través da tecnología, a investigación e o desenvolvemento de solucións avanzadas orientadas á transformación dixital.

Este resultado supón unha mellora respecto ao añou pasado, no que SIXTEMA ocupaba a sétima posición. O ascenso na clasificación reflicte a aposta firme da empresa pola I+D+i, a mellora constante dos seus procesos internos e a calidade dos seus proxectos, reforzando o seu posición como socio tecnológico de referencia no tecido empresarial galego.

“Este recoñecemento é o reflexo do esforzo diario de todo o equipo. En SIXTEMA entendemos a innovación como unha forma de traballar e de entender o futuro. Alcanzar o Top 5 o mesmo añou que celebramos o noso 20 aniversario ten un significado especial e impúlsanos a seguir crecendo e a afrontar novos retos con más energía que nunca”, destaca Alejandro Lamas, director xeral de SIXTEMA.

Este fito pon de manifesto o impacto das solucións de SIXTEMA na digitalización, a eficiencia operativa e a sustentabilidade, contribuíndo a impulsala competitividade de organizacións públicas e privadas en Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies