TICGAL e Rinoceronte Editora lanzan Rinodicionarios, o maior multidiccionario de lingua galega en aplicación móbil

Silvia Camesella,

TICGAL e Rinoceronte Editora lanzan Rinodicionarios, o maior multidiccionario de lingua galega en aplicación móbil


A tecnoloxía e a lingua galega dan un novo salto na accesibilidade dos usuarios co lanzamento de Rinodicionarios, un innovador multidicionariodixital en formato app que viu a luz grazas á colaboración de Rinoceronte Editora e TICGAL.

Rinodicionarios traslada ao entorno móbil a experiencia xa consolidada na súa versión web, permitindo agora acceder de forma cómoda einmediata desde calquera lugar. Desde raíces latinas ata termos modernos, este é o conxunto de ferramentas esencial para calquera queaprenda, escriba ou traballe en galego.

O proxecto incorpora máis de 27.000 entradas, 17.000 locucións e 2.500 topónimos, resultado de anos de traballo especializado no ámbitolingüístico por parte de Rinoceronte Editora, consolidándose como unha das propostas máis completas na súa categoría.

Catro dicionarios nunha soa aplicación

Rinodicionarios reúne nunha única interface sinxela e intuitiva catrodicionarios –español-galego, latín-galego, etimolóxico e complementario–entre os que o usuario pode alternar cun só toque.

Catro linguaxes de interface

A app está dispoñible en catro linguas de interface –galego, castelán,inglés e latín– ampliando así a súa accesibilidade e adaptándose adiferentes perfís de usuario.

Novas funcionalidades: buscas, favoritos e palabra do día.
Ademais, a aplicación incorpora funcionalidades deseñadas para mellorara experiencia de usuario, como o acceso rápido ás buscas recentes e aposibilidade de gardar termos favoritos organizados por dicionario. Inclúetamén unha sección coa “palabra do día”, que contribúe a enriquecer ovocabulario e fomentar o uso activo do galego.

Melloras técnicas: modo escuro e seguimento cero

No plano técnico, Rinodicionarios aposta tamén por unha experiencia de usuario optimizada, incorporando modo escuro para reducir o consumoenerxético e mellorar a visualización. Incorpora tamén un enfoque centrado na privacidade, no que non se realiza ningún seguimento dos datos deuso, garantindo unha experiencia totalmente anónima.

Outro dos aspectos diferenciais do proxecto é o seu carácter aberto e accesible, xa que a aplicación é completamente libre, sen funcionalidadesde pago nin barreiras de acceso, reforzando o seu obxectivo de democratizar o acceso ao coñecemento lingüístico.

Este lanzamento é un exemplo de colaboración privada impulsada desde a sociedade civil, sen intervención de administracións públicas, que ponen valor o compromiso co desenvolvemento cultural e tecnolóxico de Galicia. A iniciativa alíñase así con principios de sustentabilidade eresponsabilidade social, facilitando o acceso á cultura e promovendo o uso da lingua galega a través da tecnoloxía.

“Trátase dunha iniciativa privada nacida na sociedade civil, onde dúas empresas suman esforzos por iniciativa e con recursos propios, paraimpulsar a súa lingua da man da mellor tecnoloxía”, achega Óscar Beiro, CEO de TICGAL.

Neste contexto, sinala que “este proxecto demostra que a tecnoloxía e a lingua non son mundos separados. Desde TICGAL cremos firmementeque o galego ten un lugar no ecosistema dixital global, e Rinodicionarios é un exemplo concreto de como a colaboración entre empresas podefacer realidade ese compromiso sen depender de axudas públicas”.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies