Santos Cavero Pérez, consultant & tech strategist do Clúster TIC Galicia, está esta semana en Hungría xunto a Axencia Galega de Innovación, no marco do proxecto europeo Best DIH, que busca mellorar a implementación das políticas de desenvolvemento rexional no ámbito da transformación dixital.
O obxectivo é establecer lazos con outros centros tecnolóxicos europeos, hubs de innovación e empresas coas que poidamos colaborar, como:
▸ Pannon Business Network: centro de investigación e desenvolvemento que promove a competitividade do tecido local na rexión occidental de Hungría, a través da aplicación práctica de tecnoloxías innovadoras, e o fortalecemento das relacións internacionais. Aquí tivemos a oportunidade de reunirnos co seu financial director, Robert Nemeth, e o seu manager director, Balázs Barta e Virág Szuák, project manager.
▸ Agenția pentru Dezvoltare Regională Vest - ADR Vest: órgano que garante a implementación dos programas de desenvolvemento rexional e a xestión de fondos europeos, dacordo coas decisións do Consello de Desenvolvemento Rexional, promove a colaboración con outras institucións europeas e a atracción de inversións estranxeiras. Neste espazo, compartimos impresións con Cristian Sorin Gotia Cretiu, smart specialisation consultant, Valeriu Lingurar, expert ESC, e Sabin Lucea, consultant IT.
▸ Municipality of Szombathely City with County Rights: o concello da cidade húngara de Szombathely, onde estivemos con Adrienn Bokányi, councilor for Economic Affairs.
Comentarios