O Clúster TIC Galicia, en colaboración con DATAlife, organiza un webinario sobre o impacto para o sector tecnolóxico galego da Lei de Mercados Dixitais (DMA) e a Lei de Servizos Dixitais (DSA), que terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 16:00 h, e no que xa podes reservar a túa praza.
Esta sesión pechará o ciclo de conferencias posto en marcha pola entidade o pasado mes de febreiro, co propósito de analizar os retos e oportunidades que presenta a nova regulación europea no ámbito dixital para ecosistema TIC, ofrecendo unha visión práctica e clara sobre o seu impacto no tecido empresarial, a través de diferentes especialistas.
Durante o encontro abordaranse dúas normativas fundamentais: a Lei de Mercados Dixitais (Digital Markets Act), que regula a competencia e o acceso neste ámbito, e a Lei de Servizos Dixitais (Digital Services Act), centrada nos contidos en liña, a publicidade, a xestión da información e a seguridade nas plataformas.
Ambos marcos legais están a redefinir o funcionamento das plataformas dixitais, a publicidade en Internet e as condicións de competencia no ecosistema tecnolóxico, por iso, na sesión analizaranse os principais retos de cumprimento e as oportunidades que este novo contexto abre para o sector TIC galego.
Expertos de referencia
O webinario estará moderado por Andrés Sastre, director de proxectos do Clúster TIC Galicia, e contará coa participación de profesionais de referencia na materia da Comisión Europea:
Para as empresas TIC, este novo contexto normativo supón un reto de adaptación relevante, pero tamén unha vía de posicionamento estratéxico. Esta conferencia constitúe unha oportunidade para comprender en profundidade o alcance destas normas, resolver cuestións clave e identificar tendencias no novo escenario dixital europeo.
Comentarios