PROXECTO: CONSULTOR TIC
Realización de diagnósticos de dixitalización de demandantes de proxectos TIC. Xestión da oferta e da demanda tecnolóxica.
[DOG 13 de xaneiro de 2025]
OBRADOIROS PARA FOMENTO DA COLABORACIÓN COS CENTROS TECNOLÓXICOS
Para favorecer a colaboración entre as empresas do sector TIC cos centros tecnolóxicos coa finalidade incrementar a súa capacidade de crear solucións e novos produtos, servicios ou negocios baseados en tecnoloxías, o cal outorga unha maior capacidade de diferenciación e valor engadido no mercado.
O programa estrutúrase en tres sesións diferenciadas, cada unha cunha temática específica e con unha duración de 2 horas cada un.
OBRADOIROS PARA DESENVOLVEMENTO DE SOLUCIÓNS IA MULTISECTORIAIS
Xerar oportunidades de negocio e mellora a través da innovación baseada no coñecemento e aplicación da IA nas empresas. O proxecto contempla a un obradoiro con tres mesas sectoriais dedicadas ás contribucións da IA no sector da construción, da madeira e do téxtil, co obxectivo de fomentar a colaboración, impulsar a innovación e coñecer instrumentos de apoio a dita colaboración.
Estes obradoiros permitirán ás empresas TIC e destes sectores a coñecerse entre si, identificar sinerxías e explorar novas vías de crecemento e cooperación.
A duración do programa será de 4 meses, comezando en outubro 2025 e rematando en xaneiro de 2026.
[DOG 13 de xaneiro de 2025]
O proxecto do Clúster TIC Galicia é o de fortalecer as capacidades do Clúster e dos seus asociados para responder aos retos da transformación dixital sostible a nivel económico, social e ambiental.
Liñas de actuación:
O proxecto subvencionado consta de dúas accións: Participación en Misión empresarial directa a MIami, en abril de 2024 e unha Misión Inversa Multipais a través da cal se invitaron a 14 axentes internacionais para fomentar a colaboración e a creación dun clima de confianza que permita pechar acordos comerciais ou estratéxicos.
O proxecto EDIH DATAlife céntrase en implementar tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas galegas e da administración pública, pero pouco estendidas na actualidade. Polo tanto, é preciso apoiar ás empresas, especialmente ás pemes, para facilitar o seu coñecemento e adopción.
Os servizos recolleranse nun catálogo e de xeito gratuíto para as pemes. Estes incluirán consellos para implementar novas tecnoloxías e probas de concepto de Intelixencia Artificial (IA), Computación de Altas Prestacións (HPC) ou Internet das Cousas (IoT).
Obxectivos:
Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 5, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.