TECH ANGEL: O 'First Date' Emprendedor da tecnoloxía
O Clúster TIC lanza o programa TECH ANGEL, que se perfila como o encontro inicial para persoas emprendedoras e startups en busca da súa conexión ideal coa tecnoloxía. Este representa o comezo dunha alianza estratéxica. Como nunha primeira cita, o primeiro acercamento aos Tech Angels mediante un pitch pode desencadear unha relación tecnolóxica duradeira, cimentada nunha visión compartida e o compromiso mutuo cara o éxito.

Nun mundo dominado pola tecnoloxía, o potencial de calquera modelo de negocio está fortemente ligado á súa capacidade de adaptación dixital. Dende o Cluster TIC, queremos brindarche unha oportunidade para traballar conxuntamente para descubrir, explorar e aproveitar as vantaxes que a tecnoloxía pode aportar ao teu modelo de negocio, independentemente do sector ao que pertenzas. Este programa é unha realidade grazas ao respaldo dos TECH ANGELS, entidades socias do Clester TIC, que comprenden a complexidade que supón a adaptación tecnolóxica e a transformación dixital.

O cometido de Tech Angels é brindar aos emprendedores e startups o impulso necesario para acelerar e optimizar os seus modelos de negocio, mediante a incorporación de solucións tecnolóxicas avanzadas. Neste viaxe colaborativo, esforzámonos por converter ideas prometedoras en realidades tanxibles, e propulsar ás startups a alcanzar as súas metas.

Baixo a tutela experta e o apoio continuo dos nosos Tech Angels, os emprendedores e startups estarán equipados para navegar con destreza polo ecosistema dixital, capitalizando as innovacións tecnolóxicas para manterse á vangarda nun contexto de continua evolución tecnolóxica.


Impulso a proxectos emprendedores

Unha oportunidade única para que persoas emprendedoras e startups de calquera sector descubran, exploren e aproveiten as vantaxes que a tecnoloxía pode aportar aos seus modelos de negocio

Mentoría de elite

Co respaldo dos TECH ANGELS, entidades socias do Cluster TIC, que comprenden a complexidade da adaptación tecnolóxica e a transformación dixital

Alianza con líderes do sector

A través de TECH ANGELS ofrecemos unha alianza estratéxica con líderes tecnolóxicos asociados ao Cluster TIC dispostos a investir no teu proxecto

Modify cookies