16 setembro 2016
Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado de PLEXUS, recibíu en Madrid a acreditación que a Bolsa de Londres outorgou a súa compañía como unha das “1000 empresas que inspiran a Europa”. O acto contou coa asistencia do Secretario de Estado de Economía, Íñigo Fernández de Mesa, e destacados inversores, axentes de bolsa e empresarios, tendo como marco o salón de actos da CEPYME, impulsora en España d programa ELITE, de apoio ás empresas de gran potencial.PLEXUS foi distinguida pola súa aposta tecnolóxica, crecemento económico e capacidade de creación de emprego durante os últimos exercicios. As 1000 empresas que inspiran a Europa ...
8 xuño 2016
Esta xornada organizada por ARCADE INFORHOUSE conta con firmas líderes en seguridade TI como Inprosec, Kumobe, Watchguard e Bitdefender, que exporán as súas solucións e o valor que aportan para as organizacións. Ademais, contan coa presenza de Lorenzo Martínez Rodríguez, coa experiencia e perfil: Enxeñeiro en Informática pola Universidade de Deusto; Profesional de seguridade informática, cofundador e editor do blog Security By Default (www.securitybydefault.com); CTO en Securízame (https://www.securizame.com), Certificacións CISA & CISSP (ata 2014 e 2015 respectivamente); membro de ANCITE (Asociación Nacional de Seguridad y Pericia Tecnológica) www.ancite.es, convertérono nun recoñecido ...
28 abril 2016
A compañía ourensá recolleu o pasado día 19 de abril o premio a Mellor Axencia Dixital de Captación de Tráfico dentro do eshow México, a feria de eCommerce e Marketing Dixital por excelencia.O festival que se celebra cada ano premia aos mellores ecommerce e axencias dixitais máis destacadas do ano, e se outorgan pola empresa eWorld, editora da revista profesional de eCommerce e marketing online eShow Magazine. A entrega de premios tivo lugar no WTC da Cidade de México e congregou a grandes personalidades do mundo da publicidade e marketing dixital do país.Neste caso, Redegal foi premiada grazas ...
8 abril 2016
Egatel estará novamente presente en NAB show 2016 entre o 18 e o 21 de Abril en Las Vegas, este ano para presentar novas series de transmisores de TV e gapfillers de baixa potencia. As familias TUWH1000 e RUWH1000 presentan un deseño compacto alcanzando potencias de ata 115 Wrms nunha soa unidade de rack e facilitando aos operadores as tareas de instalación, operación e mantemento.Con este lanzamento a compañía amplía a alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF, aplicando a Tecnoloxía Doherty en banda ancha a transmisores e reemisores que se utilizarán nas últimas fases ...
19 febreiro 2016
Durante o MWC mostrará os últimos avances que melloran o rendemento en velocidade, visualización e consumo de memoria dos navegadores.Igalia, consultora especializada no desenvolvemento de proxectos e solucións innovadoras baseadas en software libre, participará no Mobile World Congress (MWC), feira tecnolóxica que se celebra do 22 ao 25 en Barcelona baixo o lema “Mobile is everything”, onde mostrará as súas últimas innovacións en optimización e mellora de rendemento de navegadores para dispositivos intelixentes.A experiencia e innovación de Igalia en múltiples tecnoloxías, distribucións de software e plataformas ofrece aos fabricantes de electrónica de consumo as mellores solucións para os ...
12 febreiro 2016
O Subsecretario de Telecomunicaciones de Chile, Pedro Huichalaf, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a sede central da empresa PLEXUS e puido coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos da empresa galega en materia de transportes e turismo, mostrándose interesado tamén noutros produtos ligados á sanidade ou á educación, nos que a empresa dirixida por Antonio Agrasar é especialista.O Subsecretario Huichalaf dixo estar gratamente impresionado pola capacidade de que unha empresa TIC como PLEXUS poida desenvolver produtos competitivos a escala internacional e ter interesado a empresas do seu país. “Valoro –dixo- a audacia dos galegos, a súa capacidade para chegar ...
4 decembro 2015
O pasado 18 de novembro Ozona recibiu notificación sobre a adxudicación do “contrato para os servizos de almacenamento seguro accesible a través de internet da documentación xerada polo Sistema de Xestión de Comisións do Consello Xeral do Poder Xudicial”. O Consello Xeral do Poder Xudicial é o órgano constitucional, colexiado, autónomo, integrado por xuíces e outros xuristas, que exerce funcións de goberno do Poder Xudicial coa finalidade de garantir a independencia dos xuíces no exercicio da función xudicial fronte a todos. Requiría para a extensión do seu Sistema “Xestión de Comisións” da adquisición dun sistema de almacenamento na nube, que ...