Sete equipos traballarán no desenvolvemento da Axenda Estratéxica de Innovación

Óscar Santos Rodríguez,

Sete equipos traballarán no desenvolvemento da Axenda Estratéxica de Innovación


O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador xeral coa misión de centralizar a información sobre o avance dos traballos.A escolma de proxectos é a seguinte:

  • A peme do futuro, dedicado a desenvolver un modelo de pequena e mediana empresa xestionada ao cen por cen desde os recursos do cloud computing.
  • O barrio dixital, que pretende poñer en marcha un piloto de SmartCity en Galicia, desenvolvendo e instalando plataformas de sensores asociados a cada un dos elementos físicos existentes nos barrios, para servizos públicos e privados, e con especial atención ao transporte e aos servizos de emerxencias.
  • A escola 2.0, que desenvolverá ferramentas para que os centros educativos poidan funcionar cen por cen online, interconectando as escolas e os distintos membros da comunidade educativa.
  • Fidelización do turista, que desenvolverá recursos dixitais para mellorar a experiencia de quen visitan a comunidade autónoma , con servizos de benvida, asistencia permanente e recomendación de contidos, entre outros.  Por medio de aplicacións móbiles, web e helpdesk telefónico.
  • Fidelización comercial, proxecto destinado a dotar ao pequeno comercio de ferramentas dixitais de marketing que lles permitan competir coas grandes superficies e centros comerciais.
  • Desenvolvemento dun programa global de vida saudable por medios electrónicos, con recursos dentro do ámbito do fogar dixital asistencial e outros que se apoiarán en plataformas como a  televisión interactiva, a telefonía móbil e internet.
  • Desenvolvemento de ferramentas TIC para a eficiencia enerxética.

O grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá está convocado para o próximo día 22 de marzo, na sede do Cluster, para continuar os seus traballos.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies