Plexus Tech súmase ao 8M por un sector tech igualitario

Silvia Camesella,

Plexus Tech súmase ao 8M por un sector tech igualitario


A compañía tecnolóxica pon en valor no 8M ao seu talento  femenino cunha serie de testimoniales para destacar o papel da muller no sector

Plexus Tech ten un compromiso claro pola igualdade entre homes e mulleres. Por iso, súmase ao Día Internacional da Muller 2024 para reivindicar e poñer en valor o talento tech feminino. Este sector adoece dun desequilibrio histórico ao ser considerado, durante moito tempo, “de homes”, unha fenda dixital que causou moito dano e que a compañía galega pretende romper.

Para lograr ese obxectivo, Plexus Tech lidera iniciativas que destacan o papel de mulleres tecnólogas referentes ao longo da historia, moitas veces silenciadas polo seu sexo. E ademais, tamén busca resaltar o papel actual do talento feminino, enxalzando o seu exemplo para que moitas outras mozas poidan entrar neste sector de futuro e cheo de oportunidades.

Precisamente, nesta liña, como mostra do seu compromiso, Plexus Tech pon en valor neste 8M a seis das súas traballadoras: Noela Quintana, Karina Pérez, Lucía Villaverde, Marta Muñoz, Lucía Pena e Fátima Villar.

Desta maneira, elas representan unha mostra do gran talento tech feminino que forma parte da compañía, o cal non para de crecer. Cada unha, desde as súas distintas áreas, nas que son expertas, trasladan a súa experiencia no sector, rompendo estereotipos e mitos, á vez que destacan a súa traxectoria en Plexus e no mundo tecnolóxico.

É o caso de Noelia Quintana, responsable de Formación, quen pon en valor as oportunidades de crecemento no sector. “En Plexus Tech, xuntas demostramos o potencial feminino na tecnoloxía, apostando pola formación e equidade de oportunidades para construír un mañá máis diverso, inclusivo e prometedor para todas”, apunta.

Nesta liña, Karina Pérez, responsable da área de Ciberseguridade, destaca a satisfacción persoal por dedicarse a este sector. “Como muller, estar no ámbito STEM é unha gran satisfacción. Desenvolvinme na área que me gusta, identificando o amplo abanico de posibilidades que as mulleres podemos desenvolver e sobre o cal abrirnos camiño”, apunta.

Así mesmo, Lucía Villaverde, analista de datos e formadora Power BI, remarca aos exemplos que lle serviron a ela de inspiración, mulleres que tiveron unha gran importancia na súa decisión de penetrarse neste sector. “Mujeres como Ana María Bisbé, Inés Pascua ou Diana Aguilera foron unha inspiración para min. Auténticas cracks no seu campo que, co seu feminismo silencioso, sendo autónomas no mundo tech e con fillos e fillas, déronme ás para lanzarme ao mundo tech”, sinala.

E é que, a tecnoloxía non entende de xénero, como explica Fátima Villar, coordinadora de Servizo. “En Plexus Tech, celebramos a diversidade de voces femininas na tecnoloxía. Cremos firmemente que o código non ten xénero e que todas as mulleres teñen un papel crucial no sector".

Precisamente, para romper con eses estereotipos e avanzar cara a un sector igualitario, Plexus Tech ten en marcha unha serie de medidas, enmarcadas no seu Plan de Igualdade, tal e como apunta Lucía Pena, da área de Cultura e Talento. “Nun mundo igualitario, o xénero non define oportunidades, nin limita aspiracións. Desde Plexus traballamos para que esa igualdade sexa real e efectiva con medidas que fomentan a conciliación, a representación equilibrada de ambos os sexos ou a integración da perspectiva de xénero en toda a empresa”, comenta.

Todas estas medidas destácaas tamén Marta Muñoz, da área de Estratexia, quen se sorprendeu gratamente coa aposta pola igualdade da compañía. “É a miña primeira experiencia profesional no sector e gústame ver que hai moitas mulleres liderando equipos. O obxectivo debería ser que cada vez sexamos máis.”, comenta Marta Muñoz, da área de Estratexia.

Con M de Movemento

Así mesmo, con motivo do Día Internacional da Muller 2024, Plexus Tech tamén se suma ás campañas institucionais, destacando a do Ministerio de Igualdade. Neste sentido, ‘Con M de Movemento’ é unha iniciativa estatal que quere reivindicar o camiño andado polas mulleres e tamén que sirva de impulso para seguir avanzando e mellorar os resultados para unha sociedade igualitaria.

Dentro deses desafíos, Plexus Tech traballa diariamente para fomentar esa igualdade real e efectiva. Así, ademais das iniciativas citadas anteriormente, tamén é exemplo polo seu Plan de Igualdade ou os seus plans de conciliación, dentro da súa filosofía flexology. Medidas estas que foron postas en valor e que remarcan o compromiso claro da compañía.


Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies