27 novembro 2025
Constantino «Tino» Fernández, presidente de Altia e vicepresidente do Clúster TIC Galicia, recibirá hoxe o Premio Gallego del Año na categoría de Economía e Emprendemento, que outorga El Correo Gallego, como recoñecemento á súa visión estratéxica e á súa aposta pola innovación e a competitividade global. Farao nunha gala que terá lugar na Cidade da Cultura, xunto a personalidades como a atleta Ana Peleteiro, o escritor e xornalista Manuel Rivas ou o presidente honorífico do Grupo Pérez Rumbao, Emilio Pérez.
Tino Fernández recoñece que despois de máis de 30 anos, na compañía seguen mantendo «esa capacidade de emocionarnos con cada ...