20 febreiro 2026
Cinfo e Quobis, empresas asociadas do Clúster TIC Galicia, amosarán o potencial tecnolóxico galego na MWC Barcelona. Ambas figuran entre as 49 pemes tecnolóxicas españolas seleccionadas por Red.es para participar no Pavillón de España no maior evento a nivel mundial de conectividade e tecnoloxía móbil, que se celebrará do 2 ao 5 de marzo na cidade condal.
Nesta edición, o Pavillón de España reorganízase como un espazo dinámico onde as empresas expositoras dispoñen de stands personalizados, como Cinfo e Quobis, que estarán situadas no Hall 4 Stand 4C30, zonas de networking, salas de reunións e un completo programa ...