20 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia e as súas empresas socias fan un balance moi positivo da súa participación en Gitex Global, unha das feiras tecnolóxicas máis relevantes a nivel internacional, que se celebrou do 13 ao 17 de outubro en Dubái. CTL, Situm, Quobis, 2bedigital, Inverbis Analytics e Tarlogic, as seis compañías presentes no evento baixo o paraugas da entidade, coinciden en destacar o alto nivel de oportunidades xeradas, tanto en termos de negocio como de posicionamento estratéxico ...