1 xullo 2026
Plexus Tech recibe na súa oficina a un grupo de mozos do programa Xuventude Mentoring
Cando termina a etapa de formación, comeza unha das decisións máis importantes: descubrir cara a onde queres orientar o teu futuro profesional. Unha conversación, un encontro ou un referente poden abrir novas posibilidades. Por iso, Plexus Tech recibiu na súa oficina de Santiago de Compostela a un grupo de mozos e mozas do programa Xuventude Mentoring, da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Co acompañamento da directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, desfrutaron dunha sesión na que compartiron a súa experiencia e ...