Cinfo e Quobis, empresas asociadas do Clúster TIC Galicia, amosarán o potencial tecnolóxico galego na MWC Barcelona. Ambas figuran entre as 49 pemes tecnolóxicas españolas seleccionadas por Red.es para participar no Pavillón de España no maior evento a nivel mundial de conectividade e tecnoloxía móbil, que se celebrará do 2 ao 5 de marzo na cidade condal.
Nesta edición, o Pavillón de España reorganízase como un espazo dinámico onde as empresas expositoras dispoñen de stands personalizados, como Cinfo e Quobis, que estarán situadas no Hall 4 Stand 4C30, zonas de networking, salas de reunións e un completo programa de conferencias e actividades comerciais.
Innovación audiovisual e intelixencia artificial
No marco deste evento, Cinfo presentará varias das súas tecnoloxías máis destacadas no ámbito audiovisual e de intelixencia artificial:
Comunicación empresarial e transformación dixital
Quobis, pola súa banda, dará a coñecer na MWC Barcelona as súas “Trusted communications”, a estratexia multicapa coa que a compañía busca construír un ecosistema de comunicacións seguro e confiable.
Esta estratexia engloba os seus servizos e tecnoloxías de branded calling e loita contra a fraude telefónica, avaliación de risco de chamadas, auditorías de seguridade de redes de telecomunicacións, desenvolvemento de elementos de rede e clientes de UC de clase operador baseados en software libre, que son un recurso esencial para unha soberanía tecnolóxica real, tanto a nivel empresarial como de defensa nacional.
A presenza de Quobis e Cinfo no Pavillón de España reforza a visibilidade do ecosistema tecnolóxico galego, ademais de ofrecer unha excelente oportunidade para establecer posibles alianzas ou expandirse a novos mercados. Neste sentido, na pasada edición da MWC Barcelona, o conxunto de empresas expositoras estimou que a súa participación neste espazo permitiría xerar un volume de negocio de 26,5 millóns de euros.
No caso de Cinfo e Quobis, non é a primeira vez que resultan seleccionadas para formar parte do Pavillón de España, que só o ano pasado recibiu máis de 13.000 visitantes presenciais e máis de 5.000 virtuais. Acolleu, ademais, 70 actividades no set de conferencias, con relatores de diferentes sectores, mesas redondas e reunións de networking, así como 60 entrevistas no set de podcast do Pavillón.
Comentarios