A empresa participa nas Xornadas ICEX de Turismo e TravelTech, organizadas xunto a SEGITTUR, para impulsar as relacións co ecosistema turístico e tecnolóxico de ambos os mercados
En Miami deu continuidade ao traballo desenvolvido en anteriores visitas e consolidou os contactos iniciados no mercado estadounidense
En Santo Domingo a empresa busca identificar novas oportunidades de colaboración, tanto con actores institucionais como con grupos hoteleiros e empresas do sector privado
Dos Espacios participa esta semana nas Xornadas ICEX de Turismo e TravelTech nos Estados Unidos e República Dominicana, unha iniciativa organizada por ICEX España Exportación e Investimentos e SEGITTUR para conectar ás empresas tecnolóxicas españolas cos principais axentes dos ecosistemas turísticos de ambos os mercados.
A misión comezou en Miami os días 9 e 10 de novembro e continúa en Santo Domingo os días 12 e 13 cunha axenda orientada ao intercambio de coñecemento, as reunións profesionais e a xeración de oportunidades de colaboración para impulsar a competitividade do sector turístico a través da tecnoloxía e a innovación.
Miami: continuidade e avance no mercado estadounidense
La primeira etapa das xornadas permitiu a Dos Espacios dar continuidade ao traballo desenvolvido en las dúas anteriores visitas a Miami e seguir estreitando relacións co ecosistema turístico e tecnolóxico do sur de Florida.
O programa de traballo centrouse no desenvolvemento dos destinos intelixentes, a mobilidade turística e a transformación da experiencia de viaxe, alén de incluír encontros profesionais e reunións B2B para facilitar o contacto entre empresas españolas e axentes do mercado estadounidense.
Para Dos Espacios, esta nova visita supón unha oportunidade para avanzar nas liñas de traballo xa iniciadas nas visitas anteriores, compartir a súa experiencia no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para destinos e administracións públicas e reforzar as súas relacións con potenciais socios nos Estados Unidos.
O CEO de Dos Espacios Santiago Paz destacou que “a transformación dixital do turismo non consiste unicamente en incorporar tecnoloxía, senón en entender as necesidades de cada destino e atopar solucións que acheguen valor real á súa xestión e á experiencia de visitantes e residentes. Estas xornadas permítennos dar continuidade ás relacións que vimos construíndo, compartir a nosa experiencia e coñecer novas áreas onde seguir impulsando a innovación turística”.
República Dominicana: novas oportunidades no ámbito turístico e hoteleiro
A misión continúa en República Dominicana, onde o equipo de Dos Espacios busca coñecer de cercado as necesidades do mercado e establecer novas relacións cos principais axentes do seu ecosistema turístico, tanto no ámbito institucional como no empresarial.
Alén de identificar oportunidades relacionadas coa dixitalización e a xestión intelixente dos destinos, a empresa prestará especial atención ao sector privado, co obxectivo de explorar posibles vías de colaboración con grupos hoteleiros e outras compañías turísticas interesadas en solucións tecnolóxicas como Beditas Hospitality e Beditas Access, entre outras.
O peso do turismo na economía dominicana e o dinamismo do seu sector hoteleiro converten ao país nun mercado de interese para analizar novas posibilidades de aplicación da tecnoloxía, tanto na xestión dos servizos como na mellora da experiencia dos viaxantes.
A participación nestas xornadas permite a Dos Espacios avanzar na súa estratexia de internacionalización, consolidando o traballo previo nos Estados Unidos e abrindo novas liñas de contacto e colaboración en República Dominicana; e ampliar así a súa aposta por unha xestión turística máis eficiente, sostible e con modelos adaptados á realidade de cada territorio.
Tecnoloxía con impacto nos territorios
Cunha traxectoria especializada en tecnoloxía, consultoría e comunicación para o sector público e turístico, Dos Espacios traballa no desenvolvemento e implantación de solucións orientadas a mellorar a xestión dos territorios e a experiencia das persoas que os visitan e habitan.
A súa participación nestas xornadas enmárcase no interese por compartir coñecemento, reforzar as relacións co ecosistema internacional e explorar oportunidades que permitan trasladar a experiencia e as capacidades tecnolóxicas da empresa a novos territorios.
Comentarios