O Clúster TIC Galicia organiza o vindeiro xoves 22 de xaneiro, de 10:00 a 13:30 h, no CSA da Cidade das TIC (A Coruña) o evento “Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, no que se presentarán os resultados finais de diferentes procesos e produtos baseados en intelixencia artificial de socios da entidade.
Esta xornada, de carácter presencial, é unha excelente oportunidade para coñecer as propostas de 20 empresas asociadas do Clúster TIC Galicia, desenvolvidas ao abeiro da convocatoria IA360 do Igape, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Os proxectos que se presentarán son os seguintes:
- Avansig. MapForest: sistema de xestión de coberturas vexetais e masas arbóreas, baseado en intelixencia artificial.
- Cinfo. TIIVII toolbox: sistema de IA.
- Deicom Technologies. RedIA: análise de datos e IA aplicada á supervisión avanzada de redes de baixa tensión.
- Emetel. CYBERA:asistente Virtual IA para a xestión de coñecemento do Centro de Operacións de Ciberseguridade.
- Galvintec. MOODULAR IA: módulo de IA para optimizar sistemas de picking en almacéns e centros de distribución.
- Ilux Visual Technologies: Mindforge. Máis alá dun buscador intelixente.
- Imatia Innovation: IA360 – IMPILOT desenvolve copilotos de intelixencia artificial aplicados á Administración Pública e aos servizos sociais, mellorando o acceso da cidadanía á información en sedes electrónicas e optimizando o traballo dos profesionalis sociais con ferramentas intelixentes.
- Imaxin: LYNX. Nova Xeración de Asistentes Intelixentes para a Transformación Dixital das empresas e administracións (Chatbot RAG).
- IN2AI. Prevención de acceso non autorizado a datos con asistentes conversacionais e monitorización de actividade para avaliación de rendemento en produtividade de empregados.
- Plexus Tech. SORGIA: Sistema de Optimización Baseado en Deep Reinforcement Agents, Xemelgos Dixitais, Investigación Operativa e Algoritmos Xenéticos.
- Prefapp Cloud Consulting: Integración de IA en firestartr.dev.
- Quobis: Smart Answer, solución de operador que responde chamadas entrantes de números descoñecidos cun asistente virtual baseado en IA.
- Situm: GAIA (Geospatial Assistance for Intelligent Acknowledgment).
- Sixtema: LEVAD-360, solución de xestión que mediante IA e recuperación aumentada que busca converter información empresarial nun recurso estratéxico.
- SREC Solutions: SINVAD - Standard intelligent interactive virtual assistant design.
- Tesla Technologies & Software: INDICAGES: Plataforma de IA para a xestión e certificación de indicadores de sostibilidade.
- Torusware & Vegalsa: PROVIA: optimización do proceso de provisión de servizos/produtos especializados en tenda mediante intelixencia artificial.
- Torusware & SELMARK. PM: Plan Maestro Predictivo Selmark.
- Triple Alpha. ALPHAchick: Plataforma Cloud para a Xestión Integral, Optimización eSustentabilidade de Explotacións Avícolas mediante IA
- Visual Publinet: IA360 SEO Local. Nova xeración de estratexias de posicionamento local baseadas en intelixencia artificial.
Esta cita tamén permitirá explorar novas vías de colaboración e aproveitar as sinerxías derivadas das solucións executadas. Para participar é necesario formalizar a inscrición neste enlace. Consulta a axenda completa aquí, así como a descrición dos proxectos.
Comentarios