29 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia participa por primeira vez en Tech Show Madrid, un dos encontros tecnolóxicos de referencia a nivel estatal, que se celebra hoxe e mañá en Ifema. A organización busca impulsar así a innovación con selo galego a través dun stand propio (9E94) na área Big Data & AI World, que reúne ás súas asociadas 2bedigital, CTL Spain, DataDefend ...
28 outubro 2025
No marco do Encontro Internacional España-India, que se celebra en Valencia o 3 e 4 de novembro, deseñáronse visitas a diferentes ecosistemas rexionais para amosar ás delegacións indias o potencial de colaboración con empresas, institucións e centros de innovación españois.
Entre estes ecosistemas atópase o galego, onde o Clúster TIC Galicia colabora ofrecendo a oportunidade de manter reunións individuais con estas empresas, a través do evento Nexus INDIA, que terá lugar na Coruña o 5 de novembro, co seguinte programa e estrutura:
Sesión de mañá con relatorios no Club Cámara Noroeste.Almorzo de networking.Sesión de tarde con reunións 1to1 ...16 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia organiza, en colaboración con Node Hub, un "Taller para o Desenvolvemento da Innovación Interna", o vindeiro martes 28 de outubro, de 9:00 h a 14:00 h, no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC (A Coruña). Trátase dunha xornada práctica, aberta a empresas que queiran impulsar a creatividade, fomentar a cultura innovadora e descubrir novas formas de resolver retos reais dentro da súa organización.
Carlota Corzo, senior strategy advisor de Innovaslab, será a encargada de abrir a sesión cunha keynote inspiradora sobre como converter as ideas en impacto. Corzo foi incluída na prestixiosa ...
13 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia participa por primeira vez e con stand propio na prestixiosa feira internacional GITEX Global 2025, que se celebra dende hoxe ata o 17 de outubro en Dubái. Faino xunto a seis empresas socias, Quobis, Inverbis Analytics, Situm, Tarlogic, CTL e 2bedigital, que representan a metade das compañías españolas que asistirán ao evento.
Coa súa presenza, no stand H25-E45 do pavillón 25, buscan abrirse mercado no Golfo Pérsico e explorar novas oportunidades de negocio en Emiratos Árabes Unidos e outros países, como Arabia Saudí ou Qatar. “Sabemos que hai unha predisposición destas economías a colaborar con empresas ...
8 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego e o Igape, organiza o webinario «Desafíos na propiedade intelectual do software» o vindeiro 30 de outubro ás 16:00 h, con inscrición previa gratuíta.
Alberto Álvarez Flores, responsable de patentes, marcas e consultoría na asesoría e xestoría Álvarez Real e axente oficial da propiedade industrial, analizará os principais retos aos que se enfrontan as empresas tecnolóxicas e de comercio dixital para salvagardar as súas creacións software e evitar así a exposición destas ideas innovadoras.
Con este obxectivo, durante a xornada en liña, abordaranse:
As principais ...25 setembro 2025
O Clúster TIC Galicia celebrou hoxe un webinario para presentar quince proxectos de empresas socias baseados en intelixencia artificial (IA), beneficiarios da convocatoria ...
17 setembro 2025
O Clúster TIC Galicia celebrará o próximo xoves 25 de setembro, de 9:30 h a 11:15 h, o webinar “Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, no que se presentarán os proxectos de 15 empresas socias que contan con financiación da convocatoria IG408M do Igape, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
Os proxectos que se amosarán son os seguintes:
Cinfo: TIIVII toolbox: sistema de IA.Deicom Technologies: RedIA. Análise de datos e IA aplicada á supervisión avanzada de redes de baixa tensión.Galvin Tecnológica (Galvintec): MOODULAR IA ...5 setembro 2025
O pasado mes de maio, o Clúster TIC Galicia puxo en marcha un proxecto piloto de FP Dual Multiempresa no IES Fernando Wirtz da Coruña, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Unha iniciativa experimental, de dous anos de duración, que busca ofrecer formación técnica específica ao alumnado a través de diferentes master class na Cidade das TIC, o primeiro curso, e da súa incorporación a empresas tecnolóxicas e doutros sectores, o segundo curso, co obxectivo de achegarse a unha contorna profesional real.
Tras dous meses e medio de intensa capacitación práctica no ...
7 agosto 2025
Suma 148 organizacións, que facturan máis de 1,2 millóns de euros e empregan ao redor de 17.500 profesionais na comunidade galega
O Plan Director da Industria das TIC é o proxecto estratéxico deste ano, que está a elaborar en colaboración coa Consellería de Economía e Industria
Outras accións clave pasan por seguir captando talento, incidir na capacitación, reforzar o papel no exterior e potenciar a participación en concursos
O Clúster TIC Galicia vén de confirmar un incremento do 40% no seu volume de socios nos últimos tres anos, dato que reflicte unha evolución positiva e sostida dende o ...
8 xullo 2025
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, participou hoxe no foro Galicia Conecta sobre tecnoloxías cuánticas, que organizou Telefónica na Cidade da Cultura de Galicia, e que reuniu a diferentes empresas e expertos na materia, como Lois Orosa, director do CESGA. No encontro abordouse o novo escenario que abren, tanto para o ámbito público como para a industria, as tecnoloxías cuánticas e a súa combinación con outras innovacións disruptivas como a intelixencia artificial.
O máximo responsable do Clúster TIC Galicia interviu na mesa redonda "Tecnoloxías cuánticas, unha nova forma de procesar e transformar a sociedade", moderada ...
4 xuño 2025
A Consellería de Economía e Industria e o Clúster TIC Galicia celebran hoxe, 4 de xuño, na Cidade das TIC un encontro entre empresas do sector tecnolóxico arredor do Plan Director da Industria das TIC. A xornada de traballo está aberta a todas as compañías que queiran realizar as súas achegas ao documento.
O obxectivo é coñecer as súas opinións e inquedanzas respecto deste documento, que está ...
8 maio 2025
O Clúster TIC Galicia consolida o seu liderado como impulsor da transformación dixital na comunidade tras formar a 5.951 persoas en tecnoloxías emerxentes a través de 229 cursos, no marco da sexta edición do seu programa formativo, desenvolvido entre setembro de 2024 e marzo de 2025.
Este plan, posto en marcha en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, contou cun orzamento de 2.083 ...