O Grupo de Traballo de Internacionalización do Clúster TIC Galicia organiza un encontro dirixido a todos os asociados o vindeiro mércores 11 de febreiro na sede principal do Consorcio da Zona Franca de Vigo. O obxectivo é xerar sinerxías entre as empresas participantes, coñecer mellor o ecosistema e impulsar accións conxuntas no eido da internacionalización.
Ademais da Zona Franca de Vigo, contaremos coa participación do ICEX, o Igape, a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, a asociación empresarial Secartys, o Banco Interamericano de Desenvolvemento para definir de maneira colaborativa liñas de acción para o sector TIC.
Haberá tamén un espazo dinámico no que, de xeito rápido, as empresas socias participantes poderán presentar os seus intereses, co gallo de identificar posibles sinerxías (países de interese comúns, contactos comerciais compartidos, oportunidades de colaboración, etc.). A xornada pecharase cun traballo conxunto de planificación de accións para 2026.
Axenda prevista
9:30 - 10:30 | Presentación das entidades convidadas: ICEX, Igape, Cámara de Comercio de Pontevedera, Vigo e Vilagarcía, Secartys, Banco Iberoamericano de Desenvolvemento e Zona Franca de Vigo.
10:30 - 11:00 | Presentación rápida das empresas participantes.
11:00 - 11:30 | Planificación conxunta de actividades.
Comentarios