11 outubro 2022
O Clúster TIC Galicia está a formar a 23 directivos galegos en computación cuántica a través dunha formación estratéxica para executivos, promovida en colaboración con Quanvia e a Consellería de Promoción do ...
19 setembro 2022
O Clúster TIC Galicia colabora coa Universidade de Santiago de Compostela, como comité asesor do novo Grao de Intelixencia Artificial. Unha nova titulación, interuniversitaria de catro cursos, que se iniciou -simultaneamente nos campus da Coruña (UDC), Ourense (UVigo) e Santiago (USC)- con 165 alumnos, un 7,3% máis das prazas previstas e das que 50 son mulleres (31%).
USC: 55, das que 17 son mulleres (31%).UDC: 53, das que 18 son mulleres (24%).UVigo: 53, das que 15 son mulleres (28%).Ademais de integrar un centro referente de investigación especializado en IA, O CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías ...
8 agosto 2022
O Clúster TIC Galicia vén de dotar de competencias dixitais a 2.048 persoas dende o mes de maio a ...
30 xuño 2022
As firmas con espazos asignados reuníronse tamén coa Dirección de Obra e a Sociedade do CSA para a planificación do equipamento neste edificio
Presentáronse para aprobación os informes de xestión e económico de 2021, así coma os orzamentos e as actividades previstas para este ano
Destaca o lanzamento, en colaboración coa Amtega, do Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, previsto para os vindeiros meses
O Clúster TIC Galicia celebrou o 29 de xuño a súa Asemblea Xeral Ordinaria nas instalacións da Cidade das TIC cun programa específico no que as empresas adxudicatarias que se instalarán no Centro de Servizos ...
9 maio 2022
3 maio 2022
O director do Igape, Fernando Guldrís, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiron esta mañá en Vilagarcía de Arousa á inauguración do novo Centro de Servizos Avanzados Galicia TurisTIC, que nace na procura de configurarse como un ...
25 abril 2022
18 marzo 2022
· O Clúster TIC Galicia participou en Medellín nun foro empresarial sobre o sector TIC
· Galicia e Colombia acordan crear un grupo de traballo para explorar vías de colaboración na industria TIC
· A Xunta presentou os avances de Galicia na aplicación deste sector aos servizos públicos, como é o caso da e-Administración ou a e-Saúde
· Tamén se subscribiu un acordo de irmandade con Antioquia, cuxa capital -Medellín- é considerada un dos ecosistemas tecnolóxicos máis recoñecidos a nivel internacional
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación ...
7 febreiro 2022
Clúster TIC organizou, xunto coa Amtega e Arco Atlántico, unha xornada sobre industria 4.0, ciberseguridade e bo goberno. O evento, que tamén se puido ver en streaming a través de Youtube, tivo unha gran acollida con case un centenar de inscritos.
Como poñentes participaron Francisco Pérez Bes, vogal de Arco Atlántico, que aconsellou sobre a protección da cadea de subministro; Gustavo Herva Iglesias, xefe da subárea da Seguridade de Amtega, que falou sobre o proxecto "Nodo Ciber.gal"; e Jose Ignacio Armesto Quiroga, profesor da Universidade de Vigo, que presentou o título de Especialista na Ciberseguridade Industrial.
O evento ...
17 xaneiro 2022
O Clúster TIC Galicia organizou unha xornada de presentación do programa Kit Dixital cuxas bases xa foron publicadas e está pendente de abrirse a primeira convocatoria, prevista para febreiro. Máis de 180 profesionais, demandantes e ofertantes TIC, asistiron ao encontro celebrado na Cidade da Cultura, con emisión por streaming a través da canle de Youtube. Participaron como ponentes, Carlos Tabernero Fernández, socio de Sector Público en NTT DATA; Alberto Díaz Freire, responsable de alianzas e transformación dixital de R Galicia; Marco Dalla Costa, técnico de Proxecto da Oficina Acelerapyme do Instituto Tecnolóxico de Galicia; María Eugenia Mijares Serrano, da área ...
2 decembro 2021
· A antiga Fábrica de Armas acolleu o acto de firma do convenio de cogobernanza do vicepresidente económico da Xunta, o presidente da Deputación, a alcaldesa da Coruña, o presidente do Clúster TIC eo reitor da UDC.
· Todos os asinantes coincidiron en valorar o proxecto da Cidade das TIC como un revulsivo da economía galega.
· Formarase unha xestora provisoria que, no prazo máximo dun ano, terá que elaborar o PlanDirector e constituír a sociedade que xestione a Cidade das TIC.
A biblioteca da antiga Fábrica de Armas da Coruña acolleu esta mañá o acto de ...
3 novembro 2021
A entidade está a recoller datos de empresas TIC con sede en Galicia para poñer a disposición de demandantes de tecnoloxía e outros axentes intermedios
En tan só unha semana xa hai máis de 200 entidades rexistradas ou en proceso e estímase que esta cifra supere as 300 entidades nesta primeira fase
O Mapa de capacidades do sector TIC galego, como se denominará o directorio, formará parte do portal GaiásTech, liderado pola Amtega
Está aberto a todas as firmas tecnolóxicas que desexen colaborar
O Clúster TIC Galicia está a traballar nun proxecto sectorial estratéxico para a elaboración dun mapa de ...
27 setembro 2021
Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, asina unha tribuna para o especial "Innovacción" dos xornais Atlántico e La Región na que explica diversos aspectos relacionados co estado actual e co panorama futuro do big data.
22 setembro 2021
O 5 de outubro remata o prazo para que as firmas aspirantes presenten as súas propostas de remodelación do CSA da antiga Fábrica de Armas
A obra conta cun orzamento de 4,3 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses
Está previsto que o CSA entre en funcionamento en setembro de 2022
O emprego de materiais de proximidade e a sostibilidade e a eficiencia enerxética serán claves na renovación da construción
O próximo 5 de outubro remata o prazo para que as empresas presenten os seus proxectos de rehabilitación da nave 2 da Cidade das TIC ...
6 setembro 2021
A cita congregou a empresas tecnolóxicas e téxtiles que mantiveron encontros B2B para dar resposta aos retos e proxectos de dixitalización no ámbito da modaO evento, celebrado na Cidade da Cultura e emitido en streaming, contou co apoio da Xunta de Galicia, a través do IgapeÁlex Rayón, experto en Big Data e vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Deusto, protagonizou o relatorio central do obradoiro
O Clúster TIC Galicia e a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (COINTEGA), organizaron hoxe unha xornada sobre Big Data e márketing dixital co obxectivo de promover as sinerxías entre empresas dos sectores TIC ...
24 agosto 2021
As firmas aspirantes a efectuar a remodelación do CSA da antiga Fábrica de Armas poderán presentar as súas propostas ata o 5 de outubro
O respecto ao espazo fabril, o emprego de materiais de proximidade e a sostibilidade e a eficiencia enerxética serán claves na renovación do edificio
IMATIA, cinfo, ITG, Xoia, Enxenio, ODEENE, Tokiota, Dataspartan, Soslife7 e Itelsis serán as primeiras empresas en instalarse nesta superficie
O Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, liderado polo Clúster TIC Galicia e a Universidade da Coruña (UDC), vén de publicar as bases da licitación das obras de rehabilitación da nave ...
21 xuño 2021
A Cidade da Cultura de Galicia foi o escenario desta xornada na que expertos na industria achegaron as súas experiencias e visión global sobre a confluencia do binomio turismo-tecnoloxía nun contexto de reactivación
Yolanda Perdomo, global tourism strategy, e Diego Antoñanzas, coach, foron os relatores principais da xornada, na que tamén se celebrou un panel interactivo con representantes do sector
O Agrupación industrial TIC Galicia e a Agrupación industrial de Turismo de Galicia son os promotores da xornada, que foi clausurada pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro
A sustentabilidade e a transformación dixital como eixos da ...
18 xuño 2021
As 15 novas incorporacións nos últimos 8 meses reflicten o apoio do tecido tecnolóxico galego ás propostas e accións desenvolvidas pola entidade nos últimos anos
Presentáronse para aprobación o informe económico de 2020 e os orzamentos e actividades para este ano
O Clúster TIC Galicia celebrou o xoves 17 de xuño a súa Asemblea Ordinaria cun amplo apoio aos proxectos, accións e medidas desenvolvidas pola entidade para dar un novo pulo ao proxecto da Cidade das TIC, á internacionalización das empresas galegas e aumentar a oferta de perfís tecnolóxicos cunha alta cualificación, como se reflicte no maior incremento da historia ...
9 xuño 2021
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital no ano 2021.
O convenio, enmarcado dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, contribuirá a acadar os obxectivos de promover a adaptación ao mundo laboral cambiante, impulsar a dixitalización empresarial para a competitividade e potenciar o impulso dixital da producción local.
Mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia
O Clúster TIC colaborará coa Amtega no deseño e recompilación de ...
8 xuño 2021
Coas solicitudes recibidas e un ano antes da súa inauguración, o Centro de Servizos Avanzados e dúas das naves da infraestrutura están xa ao completo
Dezaoito empresas TIC de toda Galicia e un centro tecnolóxico formalizan o seu interese por estar presentes neste centro de innovación dixital, tras finalizar o 3 de xuño o prazo da primeira convocatoria
No mes de xullo darase a coñecer a puntuación das solicitudes presentadas e abrirase o proceso para ir asignando espazos
O Clúster TIC Galicia recibiu solicitudes formais para 17.000 m2 de superficie, dentro do proceso aberto para integrarse no primeiro edificio ...
14 decembro 2023
SgTech foi galardoada co Selo Responsabilízate, un recoñecemento de gran prestixio outorgado pola Xunta de Galicia e a empresa Valora na III Edición do seu programa. Este selo é un testemuño do seu constante traballo, compromiso e crecemento en áreas críticas como a sustentabilidade e a responsabilidade social corporativa.
Este recoñecemento non só reflicte o seu esforzo nestas áreas vitais, senón que tamén fortalece o seu compromiso para seguir mellorando e contribuíndo positivamente á sociedade. Ana Martínez, Tender & Contest Manager de SgTech foi fundamental neste proxecto e recibiu o premio en nome de todo o equipo da empresa.
Este ...
11 decembro 2023
Un ano máis, Plexus Tech colabora con esta entidade sen ánimo de lucro para elaborar o seu calendario corporativo de 2024
Xa está aquí o calendario máis especial. Un ano máis, desde Plexus Tech colaboran coa Asociación Amicos para a creación do seu anuario de 2024.
Da man dos amigos e amigas desta organización galega, gozarán dun ano ilusionante, cheo de retos e proxectos por diante. Os seus usuarios e usuarias protagonizan cada unha das páxinas do calendario, polo que os seus sorrisos, servirán de inspiración para os empregados de Plexus Tech no seu traballo diario.
A semana pasada, Miguel ...
11 decembro 2023
A empresa colabora co programa Activa Industria 4.0 e participa na adecuación dos sistemas de información da Administración Xeral do Estado.
En Plexus Tech son expertos en ciberseguridade. Os seus equipos están especializados en implantar medidas de seguridade dixital en todos os ámbitos, co obxectivo de impulsar a transformación dixital das organizacións. Nesta liña, teñen en marcha dous potentes proxectos cos que continuan facendo de España unha potencia nesta materia:
O programa Activa Ciberseguridade da iniciativa Activa Industria 4.0A adecuación dos sistemas de información da Administración Xeral do EstadoDúas iniciativas nas que Plexus Tech colabora activamente, posto ...
22 novembro 2023
Plexus Tech participou e patrocinou a Feira Talentia Summit 2023, o Congreso Internacional Aseica de investigación sobre o cancro e a xornada anual de PMI Levante de xestión de proxectos
Talento, ciberseguridade, saúde ou xestión de proxectos. En Plexus Tech estivemos presentes e patrocinamos, esta pasada semana, importantes eventos por todo o territorio nacional. Como expertos na implantación de solucións tecnolóxicas para estes sectores, os nosos equipos participaron en:
Feira Talentia Summit 2023, en Santiago de Compostela.Congreso Internacional Aseica 40 aniversario, na Coruña.XX Xornada Anual Project Management Institute, en Valencia.A xornada 'Os perfís máis buscados polas empresas ...22 novembro 2023
Marta Arca, directora da área de Desenvolvemento de Plexus Tech, participou nas xornadas 'Os perfís máis buscados polas empresas de hoxe' da USC
Están preparados os mozos universitarios para o mercado laboral? Que capacidades requiren as empresas tech? Cales son os postos máis demandados polas tecnolóxicas? Este pasado mércores, 15 de novembro, en Plexus Tech volvemos á universidade para debater sobre talento e innovación. Nunha interesante xornada, organizada por La Voz de Galicia e BBVA, charlamos sobre as necesidades actuais no sector e como afectarán ferramentas como a Intelixencia Artificial aos traballos do futuro.
A nosa participación produciuse dentro do ...
13 novembro 2023
Plexus Tech recibe un galardón pola súa Plataforma de Resultados en Saúde no evento referente sobre ecosistemas de saúde
En Plexus Tech están de parabén. A súa Plataforma de Resultados en Saúde foi galardoada co Premio á Innovación CSG no Fórum RIES 2023. Este recoñecemento ao noso proxecto foi o broche de ouro ao gran evento realizado pola Agrupación industrial de Saúde de Galicia en Vigo.
Este nomeamento supón un orgullo para a compañía. Un recoñecemento ao traballo realizado polos seus equipos para o desenvolvemento desta plataforma, xa implantada en hospitais de referencia de todo o país.
Esta innovadora plataforma ...
13 novembro 2023
O dominio ofrece ferramentas en galego e de balde para facer máis seguros os nosos dispositivos e servizos, dentro do marco da súa colaboración coa Global Cyber Alliance.
Conxuntamente con outras 38 entidades sen ánimo de lucro centradas na seguridade na rede, PuntoGal publica unha guía que anima aos usuarios a ir máis alá de escoller un contrasinal forte para as súas contas na rede e propón unha serie de pasos preventivos para impedir os accesos indebidos aos nosos dispositivos e servizos, así como solucións para o caso de que se faga público o noso contrasinal.
A guía ...
7 novembro 2023
Inforhouse estará presente no seu espazo virtual no Talentia Summit 2023, a maior feira virtual do talento e o emprego, o 14 e o 16 de novembro.
Este encontro, de carácter anual, está centrado na innovación, tecnoloxía e talento. Nesta edición, explorararase o futuro do traballo e como a intelixencia artificial está a transformar o mercado laboral.
Inforhouse participa por segundo ano consecutivo neste foro e feira virtual de emprego, como xeito de achegar a empresa ao mercado laboral, permitindo que posibles candidatas e candidatos poidan formar parte do futuro da compañía e a coñezan de preto.
Reserva ...7 novembro 2023
30 outubro 2023
Plexus Tech colaborou a semana pasada en tres eventos TIC de referencia, centrados especialmente na Intelixencia Artificial. A compañía tecnolóxica galega, demostrando o seu compromiso coa innovación, participou en tres grandes eventos da comunidade relacionados coa industria tech e a aplicación da IA.
Neste senso, Plexus Tech patrocinou o curso de “Intelixencia Artificial. A electricidade do século XXI”, enmarcada no Ciclo Avances da Real Academia Galega das Ciencias; o I Foro Empresa e Intelixencia Artificial, do diario Quincemil; e nas primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’, organizadas pola Fundación SD Compostela.
En primeiro lugar, Plexus Tech colaborou co Ciclo Avances, coordinado ...
27 outubro 2023
TEIMAS, empresa española que desenvolve solucións tecnolóxicas para a xestión profesional de residuos e a economía circular, lanza Zero Autumn Release 2023, unha versión mellorada do seu software Zero co que a compañía quere axudar ás empresas para cumprir coas normativas de sustentabilidade e protexer o medio ambiente.
Hoxe ...
23 outubro 2023
A orixe de Plexus Tech está vinculado a Galicia. Desde a súa terra natal, fai xa máis de vinte anos, Antonio Agrasar arrincaba un proxecto tecnolóxico que non parou de crecer. Da man do seu fundador e CEO, a compañía sempre estivo agradecida e comprometida coa súa terra. En base a esas orixes e a ese compromiso, Plexus Tech adhírese á Estratexia Galicia Retorna da Xunta de Galicia, formando parte do Programa Retorna Cualifica Emprego.
Con Galicia Retorna Cualifica Emprego, a Xunta de Galicia ofrece un mecanismo e medios para a cualificación e inserción no mercado laboral galego das persoas ...
23 outubro 2023
Nun movemento estratéxico que reafirma o noso compromiso coa innovación e a tecnoloxía, SG Tech asistiu este venres 20 de outubro á inauguración da "Cidade das TIC" na Coruña.
O noso equipo formado por Copi Veiga Luna, Directora de persoas e proxectos, Ana Martínez,Tender & Contest Manager, Fernando Ordóñez Ugarte, Chief Saes Officer e o noso Director Xeral ALFREDO CASTRO, gozaron dun ambicioso espazo deseñado para ser referente en tecnoloxías da información e comunicación a nivel nacional e internacional; situada nos antigos terreos da Fábrica de Armas na Avenida de Pedralonga, que goza dunha localización estratéxica con máis de ...
9 agosto 2023
Nas últimas décadas, a produtividade empresarial ha experimentado un constante crecemento grazas á transformación dixital e, en particular, á automatización de procesos. A Automatización Robótica de Procesos (RPA) xogou un papel fundamental nesta evolución ao permitir a automatización de tarefas repetitivas e baseadas en regras.
Que é RPA?
RPA é unha tecnoloxía que utiliza robots de software para imitar as accións humanas e automatizar tarefas en sistemas informáticos e aplicacións empresariais. Estes robots realizan tarefas mecánicas e repetitivas, liberando aos empregados de cargas de traballo monótonas e permitíndolles centrarse en actividades máis estratéxicas e valiosas. A diferenza da automatización tradicional ...
18 xullo 2023
A empresa Dos Espacios é a adxudicataria do contrato de servizo de apoio ao gabinete de comunicación do Consorcio da Zona Franca de Vigo e colaborará coa entidade durante os próximos dous anos prestando servizos de comunicación 360, de redes sociais, de deseño gráfico e audiovisuais.
O equipo de Dos Espacios, con ampla traxectoria en comunicación pública no ámbito da tecnoloxía, a industria e a innovación, asume este novo reto co obxectivo de achegar todo o seu coñecemento e experiencia ao servizo ...
14 xullo 2023
TEIMAS avanza no seu plan de expansión coa apertura dunha nova oficina no centro de Europa. A tecnolóxica española, especializada en software para a cadea de valor do residuo, acaba de abrir unha delegación en Bruxelas (Bélxica) coa que busca impulsar o desenvolvemento a súa actividade na Unión Europea.
Peter Bogman, novo perfil internacional, situarase á fronte da devandita delegación como Account Executive. En palabras de Miguel Varela, CEO de TEIMAS, “esta nova incorporación e a apertura dunha oficina en Bruxelas permitiranos apoiar a crecente demanda de solucións tecnolóxicas como Zero, plataforma SaaS para xestión de residuos e economía circular ...
13 xullo 2023
SG Tech patrocina o III foro económico O Encontro , que se celebra os días 13 e 14 de xullo en en o Pavillón de Congresos e Exposicións da Toxa (Pontevedra). Este evento, organizado polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga), reúne a máis de 500 profesionais do mundo empresarial, académico e da Administración Pública de Galicia, así como a un centenar de relatores, que abordarán o impacto positivo dos negocios nos ámbitos social e ambiental, a sustentabilidade, a innovación e o emprendemento.
Alfredo Castro, Director Xeral de SG Tech, moderará a mesa "Retos de Galicia, en que debemos ...
6 xullo 2023
Inforhouse leva mais de 30 anos sendo Business Partner de IBM. Esta traxectoria comezou coa venda de equipamentos de hardware para postos de traballo e centros de proceso de datos, e foi continuado de xeito acorde á evolución da que segue a ser a marca TI líder mundial, que fixo unha orientación estratéxica, dende o ano 2005, cara solucións innovadoras baseadas en software, servizos e IA, sen descoidar a gama de almacenamento FlashSystem ou as plataformas Power.
Tras a actualización do ecosistema de Partners que tivo lugar este ano, Inforhouse revalidou a súa condición de socio, o que acredita a ...
3 xullo 2023
A empresa Serviguide Tech especializada no deseño e xestión integral de proxectos tecnolóxicos, que ofrece todo tipo de solucións e melloras no sector TIC, presentou a súa nova identidade visual tras 8 anos de presenza no mercado , como consecuencia dunha evolución da marca dentro da compañía.
Serviguide Tech, agora Sg Tech evolucionou achegando innovación, axudando á transformación dixital e conectando a empresas punteiras cos mellores profesionais do sector tecnolóxico.
Na actualidade, a empresa está nun constante crecemento afianzando a presenza nacional e ampliando fronteiras coa apertura de SG Tech en LATAM e USA.
Esta transformación tradúcese nunha nova identidade, nun ...
29 xuño 2023
Analizando o presente e o futuro da ciberseguridade, Plexus Tech estivo presente nas VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade (JNIC). A compañía tecnolóxica non só participou no evento celebrado en Vigo, senón que patrocinou o encontro de referencia en España sobre privacidade dixital.
Durante tres xornadas, profesionais destacados da ciberseguridade analizaron os últimos avances na protección dixital. Foron tres días para poñer en contacto, intercambiar e discutir ideas, coñecementos e experiencias entre a rede académica, a investigadora e a empresarial.
Nesta ocasión ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...